Plan de estudos
Tipo de materia | Créditos a cursar | Créditos ofertados |
---|---|---|
Formación Básica | 60 | 60 |
Obrigatorias | 126 | 126 |
Optativas | 36 | 72 |
Traballo Fin de Grao | 18 | 18 |
Total | 240 | 276 |
Estrutura e distribución temporal do programa formativo
Información sobre as materias
1º Curso | 2º Curso | 3º Curso | 4º Curso e TFG
Desenvolvemento do ensino
Coordinador do Grao
Jesús M. Míguez Miramontes
Coordinación dos cursos
Curso | Coordinador/a |
---|---|
1º Curso | Dª María Fuencisla Mariño Callejo |
2º Curso | Dª Aida García Molares |
3º Curso | D. Humberto Quesada Rodríguez |
4º Curso | Dª Almudena fernández Briera (Materias Optativas) D. Jesús M. Míguez Miramontes (Traballo Fin de Grao) D. Manuel A. Pombal Diego (Prácticas externas) |
Na memoria verifica vixente do Grao en Bioloxía, no apartado 5 “Planificación da ensino”, faise referencia aos sistemas de avaliación posibles que se aplican no título. En concreto, o texto indica o seguinte:
- A avaliación que fai referencia ás competencias, contidos e obxectivos que están íntimamente relacionadas coa adquisición de coñecementos serán avaliadas en cada materia da maneira na que se recolle na guía docente. Inclúense os seguintes sistemas de avaliación posibles, se ben en función das características de cada materia o profesorado elexirá os máis axeitados:
- Probas de avaliación escritas ou orais relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos
- Avaliación de coñecementos prácticos a través de exames, informes, memorias, resolución de problemas e/ou exercicios
- Avaliación de actividades desenvoltas en seminarios
- Realización e presentación de traballos e proxectos
As prácticas externas avaliaránse segundo os seguintes criterios:
- Memoria presentada polo estudantado (avaliada polo titor/a académico)
- Actividade levada a cabo polo estudantado na institución externa (avaliada polo titor/a externo)
- A avaliación de competencias e obxectivos que non están íntimamente relacionadas coa adquisición de coñecementos, como por exemplo: coñecer e actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional, coñecendo e desenvolvendo os dereitos humanos, os principios democráticos, de igualdade entre mulleres e homes, de solidariedade, de proteción medioambiental, de accesibilidade universal e de fomento da cultura da paz, serán avaliadas nas diferentes actividades e manifestacións que o alumno faga durante o seu programa formativo, así como no desenvolvemento das prácticas externas e no Traballo Fin de Grao.
Como xa se indica previamente, en función das características de cada materia o profesor elixe os sistema de avaliación que considera máis axeitados, os cales se inclúen nas guías docentes das diferentes materias.
Procedementos do SGC relativos a este criterio
- DO-0101 P1
- Deseño, verificación, modificación e acreditación das titulacións oficiais
- DO-0102 P1
- Seguimento e mellora das titulacións
- DO-0103 P1
- Suspensión e extinción dunha titulación
- DO-0201 P1
- Planificación e desenvolvemento do ensino
- DO-0202 P1
- Promoción das titulacións
- DO-0203 P1
- Orientación ao estudantado
- DO-0204 P1
- Xestión das prácticas académicas externas
- DO-0205 P1
- Xestión da mobilidade
- MC-02 P1
- Xestión de queixas, suxestións e parabéns
- MC-05 P1
- Satisfacción das usuarias e usuarios
- PE-01 P1
- Xestión do PAS
- PE-02 P1
- Xestión do PDI
- AC-0401 P1
- Expedición de títulos oficiais