O Máster Interuniversitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión impártese nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, proporcionando ao alumnado unha formación avanzada e especializada nestes estudos. O obxectivo é formar profesionais para empresas de Consultoría Ambiental, Empresas Ambientais e Administracións e mellorar os coñecementos dos profesionais xa dedicados a esta actividade. Ademais fórmanse novos investigadores para incorporar en equipos de investigación de centros públicos e empresas relacionados coa caracterización, a conservación e a xestión da biodiversidade terrestre.
Información de interese
- Prazas: 30 (10 na UVigo)
- Tipo de ensino: presencial
- Periodicidade da oferta: anual
- Duración: 90 créditos ECTS
Coordinación
Luis Navarro Echeverría
+34 986 812 619
lnavarro@uvigo.es
Matrícula
Área de estudos de posgrao
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es