Entre os obxectivos da Facultade de Bioloxía se atopa o de coñecer as manifestacións de satisfacción ou insatisfacción dos distintos grupos de interese vinculados ao centro, así como as iniciativas de mellora que poidan ser aportadas para a xestión do centro e as súas titulacións.

Para iso deben de utilizarse os formularios que a tal efecto están dispoñibles de forma telemática a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo.

As queixas, suxestións e parabéns poden enviarse de forma anónima. Se se desexa unha resposta, é necesario facilitar un enderezo electrónico ou os datos necesarios para a resposta por correo ordinario. O prazo de resposta será de ata 15 días hábiles.

Quedan excluídas deste sistema as reclamacións relacionadas coas calificacións das probas de avaliación, que deben ser xestionadas a través do procedemento establecido no Regulamento de estudantes.

No caso de aquelas queixas ou suxerencias que cheguen ao centro por unha vía diferente da establecida ao efecto (procedemento do SGIC MC-02 P1), deberase de seguir o procedemento interno que ten desenvolvido a Facultade de Bioloxía a tal efecto (aprobado en Comisión de Calidade o 21 de maio de 2015).

O obxectivo do mesmo é contribuír ao incremento da satisfacción dos usuarios/as ou grupos de interese a través dun tratamento eficaz das QSP, impulsando así a estratexia de mellora continua e a participación destes nas actividades da xestión de calidade. Dito procedemento establece a sistemática interna de actuación que permita recoller e tramitar de xeito axeitado ditas entradas.