A plantilla de Persoal Docente e Investigador (PDI) da Facultade de Bioloxía é a encargada de impartir a docencia das diferentes titulacións oficiais do centro
No Grao en Bioloxía a plantilla de profesorado que imparte docencia está integrada por máis de 85 profesores/as permanentes (31% catedráticos/as de universidade, 47% profesores/as titulares de universidade e 3% profesores/as contratados/as doutores/as). A totalidade deste profesorado posúe o título de doutor/a e está vinculado en exclusiva coa universidade. A plantilla completase cun asociado/a e preto de 20 docentes-investigadores/as contratados/as baixo diversas figuras (contratos Ramón y Cajal, contratos da Xunta de Galicia, contratos predoutorais, etc).
| Categoría | Homes | Mulleres | Total | % |
|---|---|---|---|---|
| CU | 18 | 9 | 27 | 31,0% |
| PTU | 19 | 22 | 41 | 47,1% |
| PCD | 1 | 2 | 3 | 3,4% |
| PAD | 0 | 1 | 1 | 1,1% |
| ID | 1 | 2 | 3 | 3,4% |
| IRC | 1 | 4 | 5 | 5,7% |
| IJC | 0 | 2 | 2 | 2,3% |
| PXGA | 3 | 1 | 4 | 4,6% |
| Outros | 0 | 1 | 1 | 1,1% |
| TOTAL | 43 | 44 | 87 | 100% |
Perfil do profesorado do Grao en Bioloxía
2024/2025 | 2023/2024 | 2022/2023 | 2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015
Histórico de información do profesorado do Grao en Bioloxía
2010/2011 - 2017/2018 | 2018/2019 - 2023/2024
A maior parte do profesorado que imparte docencia no Grao en Bioloxía tamén o fai nos títulos de mestrado que oferta a facultade. Ademais participa profesorado doutros centros da Universidade de Vigo ou doutras universidades que colaboran nestes títulos de mestrado, así como especialistas de centros de investigación, centros de educación e empresas relacionadas có seu ámbito de coñecemento.