Benvid@
Esta sección está destinada ao estudantado de novo ingreso, ou aquelas persoas que estén valorando a posibilidade de formar parte do noso estudantado. Nela atoparán toda a información que necesitan para a toma de contacto coa nosa facultade. Desde aquí, podedes acceder ao díptico do Grao en Bioloxía, onde atoparedes ampla información sobre o título, así como ás seccións da Guía do estudante ou ás actividades para desenvolver durante a Xornada de Benvida.
Se formades parte do estudantado de primeiro curso poderedes atopar toda a información previa ao inicio das actividades do curso académico. Unha vez iniciada a actividade docente, o persoal responsable da titulación e profesorado vos irá detallando en maior medida as actividades académicas e extraacadémicas que se realizan na nosa facultade, así como aquelas outras que se realizan na Universidade de Vigo e que poden ser do voso interese.
Ademais, para todas as persoas que prefiran estabrecer un contacto a través das redes sociais, tanto a Facultade de Bioloxía como a Delegación de Estudantes de Bioloxía “Lynn Margullis” dispoñen de perfís en Facebook, Instagram e LinkedIn onde poderedes poñervos en contacto co estudantado actual e antigos estudantes e obter información da súa experiencia na nosa facultade.