A Facultade de Bioloxía comezou no curso 2017/2018 o Plan de Internacionalización, de forma que varias materias do Grao en Bioloxía se impartiron íntegramente en inglés (por profesorado debidamente acreditado). O inglés é considerado como a lingua da ciencia e o seu uso é casi xeneralizado en Bioloxía (revistas científicas, laboratorios, centros de investigación,…), polo que o seu coñecemento facilita o acceso ao mundo laboral.
Na nosa facultade o nivel de inglés necesario para cursar as materias ofertadas é equivalente a B2, polo que a maioría dos estudantes que acceden ao grao teñen dito nivel (bacharelato, formación propia), o que lles permitirá asistir e progresar adecuadamente nas materias que se impartan en inglés. Estas materias son as seguintes:
Materias impartidas en inglés
| Materia | Curso | Cuad. | ECTS |
|---|---|---|---|
| Física dos procesos biolóxicos | 1º | 1c | 6 |
| Química aplicada á Bioloxía | 1º | 1c | 6 |
| Citoloxía e histoloxía animal e vexetal I | 2º | 1c | 6 |
| Xenética I | 2º | 2c | 6 |
| Zooloxía II: Invertebrados artrópodos e cordados | 2º | 2c | 6 |
| Xenética II | 3º | 1c | 6 |
Nestas materias manteñense os grupos en galego/castelán, pero ademais incorporase un novo grupo en inglés (toda a materia) no que participarán un máximo de 15-16 estudantes (en caso dunha demanda superior, empregarase un criterio de selección por expediente académico).
No calendario de cada curso xa figuran os horarios das materias en inglés, moi similares aos do resto de materias.
O estudantado que curse materias en inglés o verá reflexado no suplemento europeo ao título (SET) que acompaña ao expediente académico.