O compromiso do centro coa calidade e a mellora continua da Facultade de Bioloxía concrétase nunha política de calidade, que marca unha estratexia propia determinada por uns obxectivos xerais de calidade e unhas consecuentes liñas de acción.
Política de calidade
A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas persoas tituladas e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.
A Facultade de Bioloxía adquire o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices fixadas para despregar as liñas xerais que constitúen a Política de Calidade do centro, e que son as seguintes:
- Proporcionar unha formación completa e de calidade en grao e posgrao potenciando a identificación dos titulados como profesionais da bioloxía
- Recoñecer e apoiar a actividade investigadora como un valor estratéxico para os obxectivos da facultade
- Coidar a contorna persoal e colectiva como ferramenta para incrementar o sentido de pertenza á facultade e fomentar a relación cos grupos de interese (estudantado, PDI e PTXAS, persoas tituladas)
- Promover un uso eficiente dos recursos do centro, incluíndo criterios de sostibilidade
- Impulsar a proxección social da facultade, incluíndo as relacións coa contorna profesional e empresarial
Obxectivos de calidade
Formación e desenvolvemento profesional
Oferta atractiva e de calidade
Captar estudantado con vocación e talento
Promover a mobilidade e a internacionalización
Potenciar unha actividade docente de calidade
Promover a carreira profesional
Aposta pola actividade investigadora
Visibilizar e difundir a actividade investigadora no centro
Cuidar a contorna persoal e colectiva
Impulsar a pertenza á facultade e a relación dos grupos de interese
Aposta pola igualdade e diversidade
Uso eficiente de recursos e sostibilidade
Mellorar infraestruturas e equipamentos
Uso eficiente dos recursos e mellora dos servizos
Proxección social
Apostar pola investigación para mellorar a proxección da facultade
Intensificar relacións co tecido empresarial e o Colexio profesional