Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Facultade de Bioloxía

A Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo é unha institución na que se imparten os estudos de Bioloxía dende o ano 1990, data na que se fundou a Universidade de Vigo

Inicialmente a facultade impartiu os estudos de Licenciatura en Bioloxía, cursados por 17 promocións de titulados. A partir de 2009 e seguindo as directrices do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), comezouse a impartir o Grao en Bioloxía, titulación plenamente consolidada na actualidade e cunha elevada demanda social.

A facultade tamén oferta varios títulos universitarios de mestrado, que se complementan cunha variedade de programas de doutoramento do ámbito da bioloxía ofertados pola Universidadede Vigo.

Grao en Bioloxía

O Grao en Bioloxía é unha titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), que da continuidade aos anteriores estudos de Licenciatura que formaron parte da Facultade de Bioloxía dende a súa creación. Polo tanto, ao igual que na Licenciatura, o obxectivo principal do Grao en Bioloxía é formar biólogos con capacidade para comprender o funcionamento e o comportamento dos seres vivos, a súa orixe e evolución, e a súa relación co medio que os rodea.

Ademais da formación básica que calquera biólogo debe posuír, o novo Grao en Bioloxía inclúe a posibilidade de graduarse co mención. Neste senso existen tres itinerarios con orientacións específicas nas que se adquiren competencias para a aplicación dos coñecementos biolóxicos aos campos: i) sanidade, bioloxía sanitaria e analítica clínica (mención: Bioloxía Aplicada á Saúde); ii) biotecnoloxía, control de calidade, innovación tecnolóxica, bioinformática, tecnoloxías xenéticas e moleculres (mención: Bioloxía Aplicada á Produción) e iii) biodiversidade, avaliación do impacto ambiental, contaminación (mención: Biología aplicada ao Medio Ambiente).

Tamén existe a posibilidade de graduarse sen mención.

Máis información