Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Real Decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, determina o marco xeral de regulación dos procesos de verificación, seguimento e renovación da acreditación dos ensinos universitarios oficiais. Pola súa banda, no artigo 34 do Real Decreto 822/2021 establécese que: “Los centros universitarios que no estén acreditados institucionalmente deberán renovar la acreditación de sus títulos universitarios oficiales de acuerdo con el procedimiento que cada Comunidad Autónoma establezca en relación con las universidades de su ámbito competencial, que será resuelta por el Consejo de Universidades a partir del informe preceptivo y vinculante de la agencia de calidad correspondiente”.

En canto á acreditación institucional de centros, o Real Decreto 640/2021, do 27 de xullo, de creación, recoñecemento e autorización de universidades e centros universitarios, e acreditación institucional de centros universitarios regula no seu capítulo III este tipo de acreditación. De acordo coa mencionada lexislación, o proceso de avaliación para a renovación da acreditación incluirá, en todo caso, unha visita de expertos externos á universidade sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a encargada de realizar a valoración para a renovación da acreditación, de acordo cos protocolos de avaliación que se estableceron conxuntamente entre as axencias de avaliación que cumpran cos Criterios e Estándares de Calidade Europeos.

A Facultade de Bioloxía recibiu o informe de avaliación favorable da ACSUG para a acreditación institucional do centro con data 30 de novembro de 2018. A secretaría xeral de universidades declarou a acreditación institucional da Facultade de Bioloxía con data 28 de xaneiro de 2019.

Podes consultar máis información en:

 

Titulacións que renovaron a acreditación