O Sistema de Garantía de Calidade defínese como unha ferramenta estratéxica básica para conseguir un avance continuo da Facultade de Bioloxía e das titulacións oficiais adscritas ao centro.
Neste sentido, hai que sinalar que o R.D. 822/2021 de 28 de setembro de 2021, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, esixe para a verificación e acreditación dun título a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e avance da calidade da oferta formativa.
Có obxectivo de cumprir con este requisito, a Facultade de Bioloxía participou na primeira convocatoria da ACSUG para “deseñar” un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) de acordo ao programa FIDES/AUDIT en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo, obtendo a certificación do deseño o 30 de xaneiro de 2009 (Informe de certificación do deseño).
O seguinte paso foi certificar a axeitada implantación do SGC. Neste sentido, e a proposta da Área de Calidade da Universidade de Vigo, a Facultade de Bioloxía participou na convocatoria piloto da ACSUG para este propósito. Tras a visita dun equipo auditor externo, recibiu a certificación por parte da axencia o 18 de novembro de 2013, facendo constar que o SGC da Facultade de Bioloxía fora implantado de acordo ás directrices establecidas polo programa FIDES-AUDIT (Informe de certificación da implantación).
Posteriormente, con data 7 de maio de 2019, a ACSUG emitiu con resultado favorable o Informe de re-certificación da implantación do SGC na Facultade de Bioloxía con validez ata 2024 (Informe de recertificación da implantación).
A documentación marco do SGC da Facultade de Bioloxía é: