Curso académico 2026/2027 (2 de setembro de 2026)
A Xornada de Benvida ten como obxectivo que o novo estudantado coñeza de primeira man a estrutura e o funcionamento da titulación de Grao en Bioloxía e da propia facultade.
Durante esta xornada, o estudantado recibirá información sobre os estudos que cursarán ao longo do grao, os medios materiais e recursos informáticos de apoio á docencia, e os servizos xerais que ofrece a facultade. Asimesmo, presentaránse as materias que compoñen o primeiro curso e levaráse a cabo unha conferencia inaugural de interese xeral sobre a bioloxía. Entre os obxectivos da xornada tamén está o de informar do funcionamento do noso Plan de Acción Titorial (PAT) co cal pretendemos informar, orientar e facer un seguimento personalizado da actividade do noso estudantado durante a estadía no centro.