aula

Na seguinte táboa inclúense as aulas e seminarios dispoñibles para as clases teóricas e seminarios, así como o número de postos de cada unha. Todas están dotadas de equipos informáticos con conexión a Internet e en rede a un servidor propio da facultade, sistemas de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia, pizarras interactivas e pupitres fixos, que nas aulas de menor tamaño foron sustituídos por mesas e cadeiras individuais para facelas máis versátiles e adaptables á actividade docente que se imparta.

A aula de informática é de uso múltiple e permite impartir clases teóricas ou prácticas con ordenador, permañecendo fóra do horario lectivo a libre disposición dos estudantes.

As aulas de videoconferencia contan có equipamento necesario para realizar conexións de videoconferencia (actualmente son utilizadas de forma rutineira para a docencia dos mestrados interuniversitarios adscritos á facultade).

 

Nome Denominación Ubicación Postos
Aula 1 Aula 1 Bloque B, Planta Baixa 159
Aula 2 Aula 2 Bloque B, Planta Baixa 69
Aula 3 Aula 3 Bloque B, Planta Baixa 40
Aula 4 Aula 4 Bloque B, Planta Baixa 40
Aula 5 Aula 5 Bloque B, Planta Baixa 35
Aula 9 Aula 9 Bloque B, Planta Baixa 170
Aula 10 Aula 10 Bloque B, Planta Baixa 153
Aula Informática Aula Informática 2 Bloque B, Planta Baixa 23
Seminario 1 Seminario 1 Bloque B, Planta Baixa 16
Seminario 2 Seminario 2 Bloque B, Planta Baixa 25
Seminario 3 Seminario 3 Bloque B, Planta 3 30
Seminario 4 Seminario 4 Bloque B, Planta Baixa 30
Aula Videoconferencia 1 Aula 6 Bloque B, Planta Baixa 23
Aula Videoconferencia 2 Aula 7 Bloque B, Planta Baixa 23
Aula Videoconferencia 3 Aula 8 Bloque B, Planta Baixa 23

Departamentos

O persoal académico que imparte docencia no grado en Bioloxía está adscrito aos diferentes departamentos que reciben o correspondente encargo docente do centro. A maior parte dos departamentos que colaboran na docencia dispoñen dunha sede ubicada no propio Edificio de Ciencias Experimentais, mentras que soamente para una minoría deles ésta se localiza en edificios anexos do campus de Vigo. Con certa frecuencia, todo o profesorado dos departamentos realiza reunións que solen levarse a cabo nas dependencias do propio centro.

Listaxe de departamentos

 

Salas de Xuntas

A Facultade de Bioloxía dispón dunha sala específica para reunións dotada de mobiliario e equipo de proxección. A sala de xuntas emprégasa con frecuencia polo profesorado do centro, aínda que tamén pode ser solicitada polo persoal externo que manteña algún tipo de relación có centro. Asimesmo, o centro dispón de tres salas-seminarios nos que se levan a cabo frecuentes reunións do profesorado das distintas áreas ou departamentos, así como de materias nas que participan varios profesores.

 

Despachos de profesores e laboratorios de investigación

Os profesores con docencia na Titulación de Grao en Bioloxía dispoñen de despachos ubicados en distintas dependencias do Edificio de Ciencias Experimentais. Moitos destes despachos residen en zonas do centro deseñadas para tal fin, mentras que noutros moitos casos os despachos de profesores ubicanse dentro de laboratorios nos cales os profesores tamén levan a cabo a súa actividade investigadora.

Listaxe de profesorado

A Facultade de Bioloxía está dotada dun número importante de laboratorios de investigación nos que diferentes grupos desenvolven proxectos relacionados cós diferentes ámbitos da bioloxía.

Nos espazos comúns da facultade existen indicadores onde se informa da ubicación dos despachos de profesores e dos laboratorios que integran o centro.

 

Despachos e laboratorios docentes

A docencia práctica que se imparte no Grao en Bioloxía desenvólvese de forma maioritaria nos múltiples laboratorios docentes que existen no Centro de Ciencias Experimentais. Estes laboratorios están equipados con equipamento e instrumental específico, a fin de responder ás necesidades de cada área que imparte docencia no Grao en Bioloxía e outras titulacións do centro. A maior parte dos laboratorios docentes dispón de sistemas de proxección dixital para presentacións multimedia.

 

Nome Denominación Ubicación Postos
Bioloxía Celular LD1 Bloque A, Planta Baixa 24
Bioloxía Celular LD5 Bloque A, Planta 2 24
Fisioloxía Vexetal LD3 Bloque A, Planta 1 24
Botánica LD4 Bloque A, Planta 1 24
Fisioloxía Animal LD6 Bloque A, Planta 2 24
Parasitoloxía LD2 Bloque A, Planta Baixa 24
Parasitoloxía LD7 Bloque A, Planta 3 24
Edafoloxía LD8 Bloque A, Planta 3 24
Microbioloxía LD9 Bloque A, Planta 3 24
Zooloxía LD10 Bloque B, Planta 2 24
Zooloxía LD19 Bloque B, Planta 2 24
Ecoloxía LD11 Bloque B, Planta 2 24
Xenética LD12 Bloque B, Planta 3 24
Bioquímica LD14 Bloque C, Planta 2 24
Xeoloxía LD15 Bloque C, Planta 2 24
Física LD23 Bloque C, Planta 3 24
Química LD1 Bloque D, Planta Baixa 24
Química LD3 Bloque D, Planta Baixa 24

Despachos e laboratorios docentes

A Facultade de Bioloxía dispón dunha aula informática de uso múltiple que permite impartir clases teóricas ou prácticas con ordenador. A aula está dotada de 23 ordenadores cós programas axeitados para as actividades formativas. Ademáis dispón dun ordenador para o profesor conectado ao proxector de video dixital e unha pizarra interactiva. Todos os postos están conectados a un servidor da facultade que facilita a xestión dos programas informáticos instalados. Ademáis desta aula de uso específico para a Facultade de Bioloxía, no Centro de Ciencias Experimentais existen otras dúas aulas informáticas que aínda que non son xestionadas pola facultade, sí son utilizadas puntualmente para a docencia do Grao en Bioloxía se as circunstancias de ocupación da aula propia o esixen.

Todas as aulas de informática do centro póñense a libre disposición dos estudantes nos periodos nos que non se desenvolve actividade docente, sempre baixo a supervisión e apoio dun bolseiro da aula.

salas de estudio

Os estudantes da Facultade de Bioloxía dispoñen de diversos espazos comúns nos que poder realizar actividades de estudo ou de traballo grupal. A biblioteca asociada ao centro de Ciencias Experimentais dispón dunha gran sala con 220 postos individuais de lectura e estudo, así como de tres salas con capacidade para 24 persoas deseñadas para que os alumnos realicen traballos en grupo.

Asimesmo, os estudantes poden facer uso dos seminarios existentes no centro, tanto para actividades de estudo como de reunións en grupos de pequeno tamaño. Todas estas salas están equipadas con mesas de reunións ou con mesas pequenas móbiles (modulares). O uso destas instalacións ten que ser previamente solicitado polos alumnos no decanato. Todos os espazos do centro están dotados de conexión a internet (wifi).

vigo

Os estudantes da facultade poden acceder fácilmente aos servizos bibliotecarios situados en dous centros:

  1. A Biblioteca central do Campus de Vigo
  2. A Biblioteca de Ciencias, situada nun anexo ao Edificio de Ciencias Experimentais.

A Biblioteca central do Campus de Vigo ofrece os seguintes servizos:

  • Salas de lectura para a consulta das coleccións da biblioteca e para o estudo e a investigación, dotadas de equipamentos informáticos e rede wi-fi.
  • Equipos para a reprodución de documentos respetando a lexislación de propiedade intelectual.
  • Un catálogo dos fondos bibliográficos accesible en internet para localizar as obras e recursos integrados nas coleccións, suxerir a compra de novos títulos, renovar préstamos e buscar a bibliografía recomendada nos programas docentes.
  • Servizos para o acceso ás coleccións bibliográficas: préstamo a domicilio, préstamo intercampus, lectura en sala.
  • Consulta remota aos recursos electrónicos contratados pola Biblioteca: bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos, portais de internet, etc.
  • Préstamo interbibliotecario: localización e obtención de documentos non dispoñibles entre as coleccións xestionadas pola Biblioteca.
  • Orientación e formación no uso da Biblioteca e dos seus recursos tecnolóxicos e documentais.
  • Asesoramento nas buscas e localización de información.
  • Información bibliográfica e documental especializada e persoalizada.
  • Utilización das bibliotecas por persoas alleas á comunidade universitaria en calidade de usuarios externos autorizados.

A finais de xullo de 2012 o catálogo en liña de acceso público da Biblioteca Universitaria estaba integrado por:

  • 372.276 rexistros bibliográficos
  • 596.964 monografías
  • 8.865 títulos de publicacións seriadas (soporte papel)
  • 4.178 revistas electrónicas a texto completo
  • 2.045 sumarios electrónicos de revistas
  • 542 resumos electrónicos de revistas
  • 116.667 libros electrónicos
  • 388 recursos web (páxinas web, portais…)

Ademáis o catálogo inclúe tamén un total de 19.135 rexistros de artigos de revistas, de capítulos de libros e de actas de congresos escritos polo PDI da Universidade de Vigo, dos cales 8.835 proporcionan o texto completo. Ademáis do catálogo, a Biblioteca dispón da súa páxina web para ofrecer acceso ás revistas e aos libros electrónicos e dixitais, recursos web e acceso ás 48 bases de datos en liña dos diversos ámbitos de coñecemento dos que se ocupa a Universidade de Vigo.

Dende o catálogo da Biblioteca Universitaria localízanse tamén os recursos bibliográficos das outras bibliotecas universitarias galegas (Universidades de Santiago e A Coruña), así como doutras bibliotecas españolas e estranxeiras que se poden consultar ou obter a través dos servizos de préstamo interbibliotecario.

 

Biblioteca de Ciencias Experimentais

Trátase dun dos puntos de servizo de proximidade da Biblioteca Universitaria, ubicado inicialmente no edificio das titulacións de Ciencias Experimentais. En datas recentes trasladouse a unha nova edificación anexa ao edificio principal, por tanto fácilmente accesible dende o interior do mesmo. O novo espazo ten unha superficie útil de 851 m2.

A biblioteca alberga un fondo de 21.240 monografías e 297 coleccións de revistas en formato impreso. Inclúe 220 postos individuais de lectura máis 24 postos de traballo en grupo repartidos entre tres salas de traballo. Asimesmo, ofrece servizos tales como: salas de lectura para as consultas das coleccións, equipos para a reprodución de documentos, catálogo de fondos bibliográficos accesible en internet, servizos para o acceso ás coleccións bibliográficas, consulta remota aos recursos electrónicos, préstamo interbibliotecario, orientación e formación no uso da biblioteca, asesoramento na busca e localización de información, información bibliográfica e documental especializada e persoalizada, utilización da biblioteca por persoas alleas á comunidade universitaria en calidade de usuarios externos autorizados.

Os representantes de estudantes das titulacións da facultade dispoñen dun local de aproximadamente 28 m2 designado como delegación de estudantes. Este espazo está situado nas proximidades das aulas docentes, de forma que todos os estudantes poden acceder fácilmente á información que alí poidan facilitarlles os seus representantes. O local está dotado de mobiliario e equipos informáticos.

Delegación de estudantes

O centro conta con varios espazos e equipamentos que dan diferentes servizos de apoio á docencia e á xestión do mesmo.

Os departamentos que figuran na táboa están adscritos á Facultade de Bioloxía e o seu profesorado imparte a maior parte da docencia da titulación. Ademáis o centro conta tamén có apoio doutros departamentos que se ben non están adscritos á titulación, imparten diversas materias no Grao en Bioloxía (consultar sección Departamentos).

aula

O Salón de Actos con capacidade para 350 persoas e o Salón de Graos con capacidade para 60 persoas, son utilizados para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias, ciclos de cine, de teatro, concertos e reunións de Xunta de Facultade. Están dotados de conexión a internet, canón de proxección, pantalla xigante, equipo de son, de video e climatización.

 

Órganos de Dirección

Decanato

Nome Ubicación
Despacho do Decano Pavillón Administrativo, Planta 1
Vicedecanato – Secretaría Pavillón Administrativo, Planta 1
Despacho Xefa Negociado Pavillón Administrativo, Planta 1

Departamentos

Nome Ubicación
Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía Bloque B, Planta 2
Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde Bloque B, Planta 2
Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo Bloque C, Planta 2

Salón de Xuntas

Nome Ubicación
Sala de Xuntas Pavillón Administrativo, Planta 1

Salón de Actos e Salón de Graos

Nome Ubicación
Salón de Actos Hall / Entrada Principal
Salón de Graos Bloque C, Planta 3

Na seguinte táboa amósanse os servizos cos que conta o centro para o seu uso por parte dos seus membros (alumnado, PDI e PAS):

Nome Ubicación
Secretaría de Alumnos Hall / Entrada Principal
Servizo de Reprografía Bloque D, Planta Baixa
Servizo cafetería/comedor Hall / Entrada Principal
Servizo Conserxería Hall / Entrada Principal

WIFI dispoñible en todas as instalacións