O calendario de implantación foi proposto tendo en conta a normativa autonómica: “Liñas xerais para a implantación de estudos de grao e posgrado no SUG”, así como a disponibilidade de recursos humanos e materiais existentes na Facultade de Bioloxía. A extinción do plan de Licenciado en Bioloxía levouse a cabo de forma progresiva ano a ano, dispoñendo o estudantado, unha vez extinguido cada curso, de 6 convocatorias a realizar nos 3 cursos académicos seguintes.

Ensinos que se extinguen: título de Licenciado en Bioloxía, impartido pola Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Curso Implantación grao Implantación mod. grao
1º curso 2009/10
2º curso 2010/11
3º curso 2011/12
4º curso 2012/13
5º curso 2013/14

Adaptación desde estudos existentes

A Facultade de Bioloxía propón os seguintes mecanismos para incorporar ao estudantado procedente do plan de estudos da Licenciatura de Bioloxía:

Adaptacións por cursos completos:
propónse que o estudantado que teña superados os tres primeiros cursos da Licenciatura poidan incorporarse directamente ao 4º curso do grao.

Adaptacións por cursos incompletos:
para as materias optativas, proponse convalidar ata 30 créditos ECTS de materias optativas da Licenciatura por ata 30 créditos ECTS das materias optativas a criterio da Comisión de Docencia e Convalidacións.
Para as materias básicas e obrigatorias propoñense as seguintes adaptacións detalladas por materias, que serán revisadas e aprobadas, no seu caso, pola Comisión de Docencia e Convalidacións:

Materia superada
plan licenciado
Materia recoñecida
plan graduado
Botánica I Botánica I: Algas e Fungos
Botánica II Botánica II: Arquegoniadas
Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal I
Física dos procesos biolóxicos Física dos Procesos Biolóxicos
Matemáticas Matemáticas aplicadas á Bioloxía
Edafología Solo, Medio Acuático e Clima
Química Química aplicada á Bioloxía
Zooloxía Zooloxía I: Invertebrados no Artrópodos
Xeoloxía Xeoloxía
Bioquímica, Xenética e Microbioloxía I Técnicas Básicas de Laboratorio
Zooloxía, Botánica I e Botánica II Técnicas Básicas de Campo e Teledetección
Introducción á Antropoloxía Física Evolución
Bioestatística Bioestatística
Bioquímica Bioquímica I
Fisioloxía animal I Fisioloxía animal I
Microbioloxía I Microbioloxía I
Organografía Microscópica Animal Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal II
Parasitoloxía ou Introdución á Historia da Inmunoloxía Inmunoloxía e Parasitoloxía
Xenética Xeral Xenética I
Ampliación de Bioquímica Bioquímica II
Cordados Zooloxía II: Invertebrados Artrópodos e Cordados
Ecoloxía I Ecoloxía I
Ecoloxía II Ecoloxía II
Fisioloxía animal II Fisioloxía animal II
Fisioloxía vexetal Fisioloxía vexetal I
Microbioloxía II Microbioloxía II
Xenética de Poboacións e Evolutiva Xenética II
Fisioloxía Animal II e Fisioloxía Vexetal Técnicas Avanzadas en Bioloxía
Crecemento e Desenvolvemento de Plantas Fisioloxía Vexetal II