A facultade está situada no Campus Universitario Lagoas-Marcosende (ubicado a uns 14 Km. da cidade de Vigo), nun marco natural incomparable. As comunicacións coa cidade mantéñense durante todo o ano a través da empresa de transporte municipal, reforzándose éstas durante o periodo lectivo.
Como chegar
- Desde Ourense: vindo pola Autovía A-52 no punto quilométrico 662, tomar a saída “Cabral-Universidad”
- Desde A Coruña: vindo pola AP-9, enlazar coa A-52 no enlace de Puxeiros, e unha vez na A-52, tomar a saída “Cabral-Universidad”