A plantilla de Persoal Docente e Investigador (PDI) da Facultade de Bioloxía é a encargada de impartir a docencia das diferentes titulacións oficiais do centro
No Grao en Bioloxía a plantilla de profesorado que imparte docencia está integrada por máis de 80 profesores/as permanentes (17% catedráticos/as de universidade, 50% profesores/as titulares de universidade e 18% profesores/as contratados/as doutores/as). A totalidade deste profesorado posúe o título de doutor/a e está vinculado en exclusiva coa universidade. A plantilla completase cun asociado/a e preto de 20 docentes-investigadores/as contratados/as baixo diversas figuras (contratos Ramón y Cajal, contratos da Xunta de Galicia, contratos predoutorais, etc).
Categoría | Homes | Mulleres | Total | % |
---|---|---|---|---|
CU | 12 | 8 | 20 | 23.81% |
PTU | 20 | 26 | 46 | 54.76% |
TEU | 1 | 0 | 1 | 1.19% |
ID | 0 | 6 | 6 | 7.14% |
PCD | 3 | 3 | 6 | 7.14% |
IRC | 2 | 2 | 4 | 4.76% |
IJC | 0 | 1 | 1 | 1.19% |
Outros | 0 | 0 | 0 | 0% |
TOTAL | 38 | 46 | 84 | 100% |
Perfil do profesorado do Grao en Bioloxía
2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015
Histórico de información do profesorado do Grao en Bioloxía – cursos 2010-2011 a 2017-2018
A maior parte do profesorado que imparte docencia no Grao en Bioloxía tamén o fai nos títulos de mestrado que oferta a facultade. Ademais participa profesorado doutros centros da Universidade de Vigo ou doutras universidades que colaboran nestes títulos de mestrado, así como especialistas de centros de investigación, centros de educación e empresas relacionadas có seu ámbito de coñecemento.