Os estudos de Bioloxía basean a súa xustificación nun amplo catálogo de argumentos que están recollidos no Libro Branco do Título de Grao en Bioloxía publicado por ANECA. Entre os citados argumentos destacan os seguintes:

  • A ciencia da Bioloxía é unha parte esencial do coñecemento humano
  • Os avances en Bioloxía son imprescindibles para o desenvolvemento da sociedade
  • Existe gran demanda social dos estudos de Bioloxía
  • Os egresados atopan traballo dentro do ámbitodo título
  • O sector profesional amosa confianza nos titulados en Bioloxía

Os estudos de Bioloxía forman parte dos ensinos universitarios españois desde a implantación en 1952 da Licenciatura en Ciencias Biolóxicas.

O Grao en Bioloxía, que na nosa universidade comezouse a implantar no curso 2009-2010, ten como obxectivo proporcionar ás persoas tituladas unha formación propia e específica coa fin de crear profesionais no ámbito da Bioloxía. Da conexión entre o título universitario e a profesión de biólogo faise eco a lexislación española, regulando unhas competencias específicas para o título de Licenciado en Bioloxía, na actualidade extrapolables ao Grao en Bioloxía. Esta titulación proporciona os coñecementos e destrezas necesarios sobre morfoloxía, sistemática, estrutura, función e interacción dos seres vivos e as análises relacionadas con éstes, tanto dende o punto de vista docente e investigador, coma do uso aplicado destes coñecementos. Co seu currículo de ensinanzas permite o exercicio de actividades relacionadas coas competencias desta titulación.

Os estudios universitarios de Bioloxía teñen unha práctica internacional; por un lado debido ao interese que despertan as ciencias básicas na xénese e difusión do coñecemento e por outro, debido aos avances e cambios sociais que provocou a Bioloxía ao longo do último medio século. Por esta razón, non soamente neste contexto xeral, senon tamén no propio europeo, a decisión de proseguir con estes estudos é a pauta común para todos os países enquisados con ocasión da elaboración do “Libro Branco do Título de Grao en Bioloxía”.

Referentes externos
Procedementos de consulta internos para a elaboración do Plan de Estudos
Procedementos de consulta externos para a elaboración do Plan de Estudos