Igualdade

A Facultade de Bioloxía promove o principio de igualdade efectiva entre os homes e as mulleres en todos os ámbitos e actividades que se desenvolven no centro. Para iso o centro dispón dun responsable que actúa como enlace entre a facultade e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Se desexas consultar a información e os programas relacionados coa Área de igualdade da Universidade de Vigo podes acceder ao seguinte enlace:

Igualdade na Universidade de Vigo
Manual de linguaxe inclusiva

 

Enlace de igualdade

Mercedes Gallardo Medina
+34 986 812 597
medina@uvigo.es

 

Diversidade

A facultade tamén busca a integración total das persoas con necesidades educativas específicas, especialmente no ámbito académico e no aliñamento cos programas de atención á diversidade da Universidade de Vigo.

Atención á diversidade na Universidade de Vigo
Programa de integración de universitarios/as con necesidades específicas (PIUNE)

 

Enlace de diversidade

Fuencisla Mariño Callejo
+34 986 812 580
mmarino@uvigo.es