Oferta / Demanda

Oferta e demanda do título

Matrícula

Información sobre matrícula

 

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

O perfil de ingreso recomendado sería o daquel estudantado procedente de Bacharelato (do ámbito científico ou tecnolóxico) que teña superada a Proba de Acceso á Universidade (PAU), e o de persoas Técnicas Superiores formadas nos Ciclos Superiores de Formación Profesional (CSFP) das ramas científica e sanitaria. Asimesmo, valorarase o ingreso de persoas tituladas universitarias con perfil científico-técnico. A titulación de Grao en Bioloxía require que o estudantado posúa unha serie de aptitudes, coñecementos e características persoais para facilitar a súa adaptación aos estudos.

Por iso, o futuro estudantado de Bioloxía debería:

  • Posuír un amplo coñecemento das ciencias básicas: física, química, matemáticas e bioloxía. Son recomendables os coñecementos de xeoloxía e a ser posible coñecemento do idioma inglés, polo menos a nivel de comprensión.
  • Expresarse axeitadamente de forma oral e escrita.
  • Ter interese polos temas que se relacionan coa natureza e inquietude por coñecer os seres vivos e os seus procesos vitais, así como preocuparse polos problemas medioambientais.
  • Posuír capacidade de observación e análise, motivación para o traballo de campo e de laboratorio, disciplina de estudo e estar disposto a ser parte activa do proceso ensino-aprendizaxe, con preocupación pola calidade e motivación polo cumprimento dos obxectivos.

O Real Decreto 1892/2008, de 14 de novembro, modificado polo Real Decreto 558/2010, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. En ditas normativas establécese que poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:

  • Estudantado en posesión do título de bacharelato que teña superado a proba de acceso á universidade (PAU): artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantado procedente de sistemas educativos de estados membros ou doutros estados cos que España teña suscrito acordos internacionais: artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantado procedente de sistemas educativos estranxeiros, previa solicitude de homologación do título de orixe ao título español de Bacharelato.
  • Estudantado en posesión dos títulos de Técnico Superior correspondentes aos ensinos de Formación Profesional e Ensinos Artísticos ou de Técnico Deportivo Superior correspondentes aos Ensinos Deportivos: artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
  • Maiores de 25 anos: Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
  • Persoas que acrediten experiencia laboral ou profesional, segundo o previsto no artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Maiores de 45 anos: artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Persoas Tituladas universitarias: poderán acceder aquelas que estén en posesión dun título universitario oficial de Grao ou título equivalente; estén en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente; haxan cursado estudos universitarios parciais no estranxeiro ou, habéndoos finalizado, non obtiveran a súa homologación en España e desexen continuar estudos nunha universidad española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade de orixe recoñeza polo menos 30 créditos.

Táboas de recoñecementos directos entre as materias de Formación Básica e materias Obrigatorias dos Graos en Bioloxía das universidades so Sistema Universitario de Galicia.

Táboas de recoñecementos