O compromiso do centro coa calidade e a mellora continua da Facultade de Bioloxía concrétase nunha política de calidade, que marca unha estratexia propia determinada por uns obxectivos xerais de calidade e unhas consecuentes liñas de acción.

Política de calidade

A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas persoas tituladas e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

A Facultade de Bioloxía adquire o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices fixadas para despregar as liñas xerais que constitúen a Política de Calidade do centro, e que son as seguintes:

  • Proporcionar unha formación completa e de calidade en grao e posgrao potenciando a identificación dos titulados como profesionais da bioloxía
  • Recoñecer e apoiar a actividade investigadora como un valor estratéxico para os obxectivos da facultade
  • Coidar a contorna persoal e colectiva como ferramenta para incrementar o sentido de pertenza á facultade e fomentar a relación cos grupos de interese (estudantado, PDI e PTXAS, persoas tituladas)
  • Promover un uso eficiente dos recursos do centro, incluíndo criterios de sostibilidade
  • Impulsar a proxección social da facultade, incluíndo as relacións co entorno profesional e empresarial

 

Obxectivos de calidade

Obxestivos de calidade 2024-2028