As competencias asociadas ao plan de estudos do Grao en Bioloxía baséanse nos seguintes documentos:
- Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. No Anexo I, apartado 3.2 do mesmo, defínense as competencias básicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos. Da mesma maneira, establécense cinco ramas de coñecemento ás que vincular as titulacións de grao, e as materias asociadas a ditas ramas.
- Libro branco da ANECA do Título de Grao en Bioloxía.
- Órdes ministeriais polas que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de biólogo (NON EXISTEN).
- Real Decreto 96/2014, de 14 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo, polo que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), e o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. Especifica as cualificacións que os estudantes deben adquirir ao finalizar os seus estudos de grao.
- Proxecto Tuning – Educational structures in Europe. O proxecto Tuning, integrado por unhas 100 institucións representativas dos países da UE e do EEES, e coordinado en España pola Universidade de Deusto, nace no ano 2000 có obxectivo de adoptar un sistema de titulacións fácilmente recoñecibles e comparables e de establecer un sistema de créditos para contribuir ás liñas de acción fixadas en Bolonia. Concretamente o proxecto Tuning serve de plataforma para desenvolver puntos de referencia en térmos de resultados de aprendizaxe e competencias xenéricas e específicas de cada disciplina.
- Memoria verifica da titulación de Grao en Bioloxía da Universidade de Vigo, actualmente en vigor. A presente proposta supón unha modificación da memoria verifica xa acreditada da titulación de Grao en Bioloxía, implantado no curso 2009-10 e que completa a oferta formativa do seu Plan de Estudos no curso 2012-13. As competencias recollidas na presente proposta cíñense ás recollidas no documento inicial de Memoria Verifica, e introdúcense algúns cambios en función dos requerimentos do novo formulario sobre o que se redacta a proposta.
Según a clasificación utilizada polo Ministerio de Educación no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), e diferenciadas poli seu nivel de concreción, as competencias poden ser:
Son comúns a todas as titulacións de graoe veñen determinadas polo RD 861/2010.
Competencia Básica 1 (CB1):
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencia Básica 2 (CB2):
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencia Básica 3 (CB3):
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Competencia Básica 4 (CB4):
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencia Básica 5 (CB5):
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
As competencias xerais están adaptadas ao contexto específico de cada un dos títulos. Partindo da base de que o obxectivo principal do título é proporcionar unha formación de carácter xeral aos graduados en Bioloxía que lles capacite para exercer a profesión regulada de Biólogo, adoptáronse coma competencias xerais aquelas que son comúns a titulacións de Grao en Bioloxía e que fan referencia á adquisición das capacidades de organización, planificación, análise e síntese, có obxecto de respostar á súa proxección social coma profesionais da bioloxía.
Para identificar o perfil profesional do Graduado en Bioloxía contouse co ámbito do exercicio profesional e as competencias definidas no artigo 15 dos Estatutos do Colexio Oficial de Biólogos do Real Decreto 693/1996, de 26 de abril, que aparecen concretadas no “Libro Branco do Titulo de Grao en Bioloxía”.
Asimesmo, o Decreto 150/2008 de 3 de xullo, que aproba os estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, inclúe unha relación das funcións que poden desempeñar os biólogos. Por último, tiveronse en conta as derradeiras actualizacións de informes de inserción laboral que recollen enquisas a egresados da titulación.
A partir da análise desta información definíronse os seguintes ámbitos de traballo e figuras profesionais para o Biólogo:
Ámbitos de traballo:
Recursos Biolóxicos | Medio Ambiente | I+D+i | Formación-Docencia | Sanidade | Produción e Calidade | Comercial e Marketing
Figuras Profesionais e tarefas:
- Profesional do medio ambiente nos ámbitos da planificación, xestión, conservación e restauración do territorio e de espazos naturais protexidos. Avaliación e xestión da contaminación e os residuos. Avaliación e xestión do impacto ambiental. Emisión de informes e realización de peritaxes. Planificación, xestión e conservación de recursos naturais.
- Profesional do sector agropecuario no relativo ao cultivo, mellora, transformación, control, produción, conservación e explotación sostible de recursos biolóxicos nos sectores de acuicultura, agricultura, gandería, pesca e silvicultura.
- Profesional da industria biotecnolóxica, farmacéutica, agroalimentaria, química, veterinaria, cosmética, entre outras; desenvolvendo tarefas de dirección, xestión e execución nas áreas técnicas de produción, de explotación racional e sostible, de medio ambiente e de xestión da calidade.
- Profesional sanitario en laboratorio clínico, reprodución asistida, consello xenético, saúde pública, nutrición e dietética, toxicoloxía, sanidade animal e vexetal entre outros. En saúde pública exerce nos ámbitos clínico, agroalimentario e medioambiental, intervindo en todos os aspectos da análise de riscos (identificación, xestión e comunicación). En sanidade animal exerce en control de axentes biolóxicos patóxenos, tratamento de plagas e avaliación de riscos.
- Profesional da investigación, desenvolvemento e innovación científica e tecnolóxica en todos os ámbitos das ciencias experimentais e da vida, desenvolvendo as súas tarefas en organismos, institutos e centros de investigación e en departamentos de investigación, desenvolemento e innovación de empresas.
- Profesional da dirección, xestión e organización de empresas e centros calesqueira (formación, investigación,…) relacionados coa bioloxía.
- Profesional docente en: ensinanza secundaria, formación profesional, universidade e outros tipos de ensinanza. Profesional da educación ambiental.
- Profesional asesor legal científico-técnico de produtos e servizos relacionados coa bioloxía. Elaboración, implantación e mantemento de sistemas de xestión da calidade. Estudos e dictámes científicos e técnicos. Desenvolvemento e control en procesos de restauración no ámbito da bioloxía (obras de arte, pezas arqueolóxicas, …).
- Profesional da información, a documentación e a divulgación relacionado coa bioloxía.
- Profesional do comercio e marketing de produtos e servizos relacionados coa bioloxía en todos os ámbitos descritos nos apartados anteriores.
- Profesional do sector do ocio, nos ámbitos de ecoturismo, planificación, cuidado, reprodución e conservación dos seres vivos en espazos e parques temáticos, zoolóxicos, acuarios, xardíns, museos, etc.
Polo tanto, as competencias xerais do título que se inclúen a continuación diríxense a capacitar ao graduado en Bioloxía para exercer a súa profesión dentro de ditos ámbitos de traballo e no marco dalgunha das figuras profesionais arriba indicadas.
Competencia Xeral 1 (CG1):
Capacidade de organización e planificación no ámbito laboral e de traballo, nun entorno multidisciplinar relacionado coa bioloxía e outros campos afíns.
Competencia Xeral 2 (CG2):
Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraíndo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións.
Competencia Xeral 3 (CG3):
Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico coma experimental, sen descartar unha maior especialización en materias orientadas a un ámbito profesional concreto.
Competencia Xeral 4 (CG4):
Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados có coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral.
Competencia Xeral 5 (CG5):
Coñecer os niveis de organización dos seres vivos tanto dende un punto de vista estructural (molecular, celular, orgánico) coma funcional, observando as súas relacións có medio e con outros organismos, así como as súas manifestacións ante situacións de alteración medioambiental.
Competencia Xeral 6 (CG6):
Capacidade de aplicar os coñecementos de tipo biolóxico adquiridos na titulación nun entorno profesional, expoñendo e argumentando as ideas de maneira clara, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida.
Competencia Xeral 7 (CG7):
Saber recopilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre os mesmos, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática.
Competencia Xeral 8 (CG8):
Capacidade para elaborar de forma autónoma un informe ou proxecto relacionado có ámbito biolóxico, proceder á súa presentación e saber defendelo nun contexto profesional no que se poñan de manifesto as competencias adquiridas na titulación.
Competencia Xeral 9 (CG9):
Motivación para levar a cabo accións emprendedoras e innovadoras fundamentadas na formación adquirida nas materias do título, na aprendizaxe de temas actuais (investigación e desenvolvemento, medio ambiente, biomediciña, bioprodución, etc.) e no contacto có tecido empresarial a través das prácticas externas.
Competencia Xeral 10 (CG10):
Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamiento lóxico e riguroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións.
Competencia Xeral 11 (CG11):
Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de maneira clara e precisa coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucions relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía.
Competencia Xeral 12 (CG12):
Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en contornas laborais concretas, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquer contexto.
As competencias específicas son propias de cada título e están relacionadas có coñecemento concreto que se adquire co seu desenvolvemento formativo, proporcionándolle unha identidade propia, e se orientan á consecución dun perfil específico de egresado. Por iso, a listaxe de competencias que se cita a continuación está adaptada do Libro Branco de Bioloxía, circunscribíndose a aspectos formativos que se proxectan de forma lonxitudinal no título.
Competencia Específica 1 (CE1):
Obter, manexar, conservar, describir e identificar especímes biolóxicos actuais e fósiles.
Competencia Específica 2 (CE2):
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Realizar análises filoxenéticos e identificar as evidencias da evolución.
Competencia Específica 3 (CE3):
Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxico, incluídas as de orixe humana, e as súas posibles anomalías.
Competencia Específica 4 (CE4):
Aillar, analizar e identificar biomoléculas, virus, células, tecidos e órganos.
Competencia Específica 5 (CE5):
Cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos.
Competencia Específica 6 (CE6):
Avaliar e interpretar actividades metabólicas.
Competencia Específica 7 (CE7):
Manipular e analizar o material xenético e levar a cabo asesoramento xenético.
Competencia Específica 8 (CE8):
Avaliar o funcionamento de sistemas fisiolóxicos interpretando parámetros vitais.
Competencia Específica 9 (CE9):
Analizar e interpretar o comportamento dos seres vivos.
Competencia Específica 10 (CE10):
Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio.
Competencia Específica 11 (CE11):
Mostrear, caracterizar, xestionar, conservar e restaurar poboacións, comunidades e ecosistemas.
Competencia Específica 12 (CE12):
Catalogar, cartografiar, avaliar, conservar, restaurar e xestionar recursos naturais e biolóxicos.
Competencia Específica 13 (CE13):
Avaliar los impactos ambientais. Diagnosticar e solucionar problemas medioambientais.
Competencia Específica 14 (CE14):
Realizar análise, control e depuración das augas.
Competencia Específica 15 (CE15):
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. Interpretar a paisaxe.
Competencia Específica 16 (CE16):
Cultivar, producir, transformar, mellorar e explotar recursos biolóxicos.
Competencia Específica 17 (CE17):
Identificar e obter produtos naturais de orixe biolóxica.
Competencia Específica 18 (CE18):
Producir, transformar, controlar e conservar produtos agroalimentarios.
Competencia Específica 19 (CE19):
Identificar, xestionar e comunicar riscos agroalimentarios e medioambientais.
Competencia Específica 20 (CE20):
Deseñar, aplicar e supervisar procesos biotecnolóxicos.
Competencia Específica 21 (CE21):
Realizar e interpretar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
Competencia Específica 22 (CE22):
Identificar, caracterizar e empregar bioindicadores.
Competencia Específica 23 (CE23):
Desenvolver, xestionar e aplicar técnicas de control biolóxico.
Competencia Específica 24 (CE24):
Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
Competencia Específica 25 (CE25):
Obter información, desenvolver experimentos e interpretar os resultados.
Competencia Específica 26 (CE26):
Participar na dirección, redacción e execución de proxectos en bioloxía.
Competencia Específica 27 (CE27):
Desenvolver e implantar sistemas de xestión e de control de calidade de procesos relacionados coa bioloxía.
Competencia Específica 28 (CE28):
Impartir docencia e divulgar coñecementos relacionados coa bioloxía.
Competencia Específica 29 (CE29):
Asesorar e peritar sobre aspectos científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados coa bioloxía.
Competencia Específica 30 (CE30):
Supervisar e asesorar sobre todos os aspectos relacionados co benestar dos seres vivos.
Competencia Específica 31 (CE31):
Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica.
Competencia Específica 32 (CE32):
Capacidade para coñecer e manejar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos.
Competencia Específica 33 (CE33):
Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía.
A nosa titulación de Grao en Bioloxía inclúe como competencias transversais as resultantes dos estudos levados a cabo polo Programa Tuning, as cales foron recollidas nos libros brancos de ANECA (Libro Branco de Bioloxía) e adoptadas pola maior parte das titulacións de grao xa implantadas. Pódense subdividir en:
- Instrumentais: capacidades cognitivas, metodolóxicas, tecnolóxicas e lingüísticas
- Persoais e interpersoais: capacidades individuais e habilidades sociais (interacción, cooperación, etc)
- Sistémicas: capacidades e habilidades relacionadas con sistemas globais (combinación de comprensión, sensibilidade e coñecementos)
COMPETENCIAS INSTRUMENTAIS
Competencia Transversal 1 (CT1):
Obter, manexar, conservar, describir e identificar especímes biolóxicos actuais e fósiles.
Competencia Transversal 2 (CT2):
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Realizar análises filoxenéticos e identificar as evidencias da evolución.
Competencia Transversal 3 (CT3):
Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxico, incluidas as de orixe humano, e as súas posibles anomalías.
Competencia Transversal 4 (CT4):
Aillar, analizar e identificar biomoléculas, virus, células, tecidos e órganos.
Competencia Transversal 5 (CT5):
Cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos.
Competencia Transversal 6 (CT6):
Avaliar e interpretar actividades metabólicas.
Competencia Transversal 7 (CT7):
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
Competencia Transversal 8 (CT8):
Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma.
Competencia Transversal 9 (CT9):
Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar.
COMPETENCIAS INSTRUMENTAIS
Competencia Transversal 10 (CT10):
Desenvolver o razoamento crítico.
Competencia Transversal 11 (CT11):
Adquirir un compromiso ético coa sociedade e a profesión.
Competencia Transversal 12 (CT12):
Comportarse con respeto á diversidade e a multiculturalidade.
Competencia Transversal 13 (CT13):
Sensibilización polos temas medioambientais.
Competencia Transversal 14 (CT14):
Adquirir habilidades nas relacións interpersoais.
COMPETENCIAS SISTÉMICAS
Competencia Transversal 15 (CT15):
Desenvolver a creatividade, la iniciativa e o espírito emprendedor.
Competencia Transversal 16 (CT16):
Asumir un compromiso coa calidade.
Competencia Transversal 17 (CT17):
Desenvolver a capacidade de autocrítica.
Competencia Transversal 18 (CT18):
Desenvolver a capacidade de negociación.