A implantación do novo plan de estudos levarase a cabo preferentemente de forma simultánea para todos os cursos do título durante o ano académico 2021-22. Neste sentido tivéronse en conta estas razóns:

  • O novo plan de estudos non supón a eliminación de ningunha das materias existentes, o que facilita a súa adaptación ao novo contexto
  • As novas materias que se inclúen no plan de estudos xorden en boa parte da reorganización de materias xa existentes, sen afectar de maneira significativa aos seus contidos
  • No caso de materias novas non existentes actualmente, disponse de profesorado e medios materiais para asegurar a súa implantación nos prazos previstos.

 

Adaptación desde estudos existentes

Adaptacións por cursos completos:
O estudantado que teña superados os tres primeiros cursos do grao actual pode incorporarse directamente ao 4º curso do grao.

Adaptacións por cursos incompletos:
Tanto para as materias básicas e obrigatorias como para as optativas, proponse unha táboa de adaptacións detalladas por materias

Consulta o procedemento de adaptación entre os distintos estudos.