Os estudos de Bioloxía basean a súa xustificación nun amplo catálogo de argumentos que están recollidos no Libro Branco do Título de Grao en Bioloxía publicado por ANECA. Entre os citados argumentos destacan os seguintes:
- A ciencia da Bioloxía é unha parte esencial do coñecemento humano
- Os avances en Bioloxía son imprescindibles para o desenvolvemento da sociedade
- Existe gran demanda social dos estudos de Bioloxía
- Os egresados atopan traballo dentro do ámbitodo título
- O sector profesional amosa confianza nos titulados en Bioloxía
No deseño da titulación de Grao en Bioloxía da UVIGO tivéronse en conta as materias/coñecementos que permiten formar biólogos preparados para empezar a desenvolver as súas capacidades profesionais, complementando a súa formación básica e obrigatoria cunha oferta de materias optativas pensadas para enfocar a formación dos titulados cara a sectores profesionais con forte implantación na CCAA de Galicia.
As materias optativas no novo plan de estudos organizáronse en 3 módulos ou especialidades co obxectivo de achegar orientación ao estudante á hora de conformar o seu propio currículo formativo e profesionalizante. Aprobouse así a inclusión de tres mencións na titulación coas seguintes denominacións:
- Bioloxía aplicada á producción.
- Bioloxía aplicada ao medio ambiente.
- Bioloxía aplicada á saúde.
En xeral, os obxectivos da incorporación de mencións ao novo plan de estudos son:
- Mellorar a visualización curricular da orientación profesional que os estudantes adquiren coas materias optativas.
- Facilitar a organización de materias optativas do semestre ofertándoas dentro de percorridos fixos de cada mención e esixindo un mínimo de créditos para alcanzar a mención. Con todo, o anterior, ha de garantirse a posibilidade de que o estudante se titule sen mención.
- Manter as orientacións existentes no plan anterior de “Produción” e “Medio ambiente” e completar a relativa á rama sanitaria coa inclusión de materias que complementen á xa existente.