Ferreira Faro

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Fisioloxía
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Información de contacto

Facultade de Bioloxía
Edificio de CC Experimentais
Bloque A, Planta 2, Laboratorio 27
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 811 996
lilianfaro@uvigo.es

Breve CV

Lilian Ferreira Faro (Belém-Brasil) é licenciada en Biomedicina (Universidade Federal do Pará – UFPA – Brasil, 1994), con especialización (1995), mestrado (1997) e doutoramento (2000) en Neurociencias pola UFPA, e con posdoutoramento na Universidade de Vigo (2003-2005). Foi Profesora Titular de Universidade na UFPA (1994-2007). Desde 2007 é Profesora Contratada doutora na Universidade de Vigo, con 2 sexenios. Na súa produción científica se inclúen a dirección de TFMs (8), de Teses de doutoramento (4), a autoría de artigos científicos de ámbito internacional (33, todos incluidos no JCR), 9 capítulos de libro, edición de libros, máis de 100 comunicacións a Congresos, participación en diversos proxectos de investigación financiados, Referee de revistas científicas internacionais. Ademais, ten ocupado cargos de xestión universitaria: subdirectora de departamento, directora de departamento, coordinadora do programa de mestrado e doutoramento da UFPA.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Bioloxía

V02G030V01203 | Bioloxía: Técnicas básicas de laboratorio
V02G030V01602 | Fisioloxía animal II

Investigación

Grupo de investigación

Análise Química e Efectos Fisiolóxicos de Biotoxinas e Contaminantes Ambientais e Alimentarios

Liñas de investigación

  • Neurotransmisión dopaminérxica nigroestriatal
  • Efectos de toxinas sobre a liberación de dopamina no núcleo estriado de ratas