“Feliz por todo o apoio recibido”. Así se amosa a nova decana da Facultade de Bioloxía, a profesora Mercedes Gallardo, tras recibir o apoio do 80% das persoas que este luns asistiron á Xunta de Facultade do seu centro para participar nas votacións a decano. A súa candidatura recibiu 36 votos a favor, 4 en contra e 5 en branco. “Agora o que me toca é intentar facelo o mellor posible para responder a ese apoio que me acaban de dar”, salientou Gallardo, cabeza visible dun equipo do que tamén forman parte o ata agora decano, Jesús Míguez –no cargo desde setembro de 2012-; Fuencisla Mariño, vicedecana de Alumnado e Organización Docente, e Manuel Ángel Pombal, responsable da xestión das prácticas externas e a mobilidade, así como Emilio Gil, como secretario do centro.
A Facultade de Bioloxía inicia unha nova etapa con Mercedes Gallardo á fronte
A súa candidatura recibiu 36 votos a favor, 4 en contra e 5 en branco