Xornadas de presentación dos mestrados

O días 19 e 20 de maio terá lugar a xornada de presentación dos mestrados da Facultade de Bioloxía, dirixida principalmente ao alumnado de 4º de grao. Na actualidade, a Facultade ten adscritos 6 mestrados oficiais que abranguen unha ampla variedade de contidos que permiten complementar a formación do biólogo. Así mesmo inclúe un mestrado de formación de profesorado que capacita para o desempeño da función docente no ensino secundario e a formación profesional.