A Facultade de Bioloxía ofrece un ano máis ao alumnado de 3º e 4º de grao charlas sobre as experiencias dos nosos egresados que se atopan desempeñando a súa actividade profesional en diferentes ámbitos laborais da bioloxía. Nesta segunda xornada deste curso académico participarán 3 titulados que falarán sobre o traballo na empresa, a experiencia no mundo docente de ensinanza na educación secundaria e a saída como biólogo interno residente (BIR).