Publicada a listaxe provisoria de seleccionados/as de ERASMUS+ para o curso 2021/2022

De conformidade co establecido no punto 4 do anexo I da Resolución Reitoral do 24 de novembro de 2020 no que se regulan as bases da convocatoria de prazas Erasmus+ Estudos para o curso 2021-22, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e publicada a resolución definitiva de solicitudes admitidas a trámite e excluídas, a Facultade de Bioloxía procede a:

  1. Publicar a listaxe provisoria do alumnado seleccionado (véxase o anexo I). A selección realizouse tendo en conta o número de créditos superados e a nota media con data 18 de decembro de 2020.
  2. Publicar a listaxe provisoria do alumnado en lista de agarda (véxase o anexo II).
  3. Publicar a listaxe provisoria do alumnado excluído.
  4. Establecer un prazo de alegacións de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes provisionais. O escrito de alegacións dirixido á persoa responsable das relacións internacionais da Facultade de Bioloxía (internacional.bioloxia@uvigo.es) deberá presentarse en decanato antes das 14:00 h.

Ver listaxe