O estudantado de Bioloxía aprende a falar, falando

Baixo o lema a falar aprendese falando, volve Divulgate, unha iniciativa que ofrece a oportunidade aos alumnos e alumnas da Facultade de Bioloxía de mellorar as súas capacidades oratorias. Esta actividade, organizada pola delegación do alumnado do centro, vai dirixida a que o estudantado da facultade, “xa sexa de grao, mestrado ou doutoramento, perda o medo ás presentacións e aprendan dos seus erros para mellorar a súa capacidade comunicativa”, salienta Mauro Rivas, membro da delegación.

Divulgate busca axudar ao alumnado a difundir os traballos que realiza ao longo do curso e a perder o medo a presentalos en público. Ademais, dende a organización fan fincapé en que a divulgación científica “é clave e queremos darlle a oportunidade a quen lle guste, de comezar a facela canto antes”.

Ler a noticia completa no DUVI