Durante estas visitas, e ao longo de toda unha mañá, o futuro estudantado entra en estreito contacto coas actividades que se desenvolven na facultade. Primeiramente os alumnos son recibidos polo decano, o cal lles fai unha breve presentación sobre como é o noso centro, a nosa filosofía e as características que nos fan diferentes. Así mesmo infórmalles sobre as titulacións que se imparten, facendo especial fincapé no Grao en Bioloxía e as súas saídas profesionais.

Seguidamente, os alumnos participan nunha visita guiada ás instalacións do centro na que poderán interaccionar con diferentes materiais de orixe biolóxica e realizar, tras breves charlas introductorias por distintos profesores do centro, pequenos experimentos nos laboratorios.

Durante a súa estancia na facultade, os alumnos terán a oportunidade de coñecer máis a fondo como é o Grao en Bioloxía e resolver posibles dúbidas sobre a súa orientación cara a esta disciplina.

 

Programa de actividades (18 de xuño de 2019)

Horario Actividade
10.00 h Recepción dos asistentes
10.15 h Presentación do centro e das titulacións a cargo do Decano
11.15 h Descanso
11.40 h Visita guiada polos laboratorios e demostracións científicas
13.30 h Despedida