O 17 de xullo foi aprobado na CGIACA o Procedemento de Acreditación Institucional de Centros de ACSUG. Este novo procedemento implica que os Centros que cumpran os requisitos establecidos na Resolución de 7 de marzo de 2018, poderán solicitar a acreditación institucional do Centro, o que suporá unha simplificación do procedemento de renovación dos títulos, xa que os centros que estean en disposición de obter esta acreditación institucional, renovarán a acreditación de todos os seus graos e másteres oficiais de xeito automático, sen necesidade de someterse ao procedemento convencional establecido no Real Decreto 1393/2007.

A Facultade de Bioloxía recibiu o informe de avaliación favorable da ACSUG para a acreditación institucional do centro con data 30 de novembro de 2018. A secretaría xeral de universidades declarou a acreditación institucional da Facultade de Bioloxía con data 28 de xaneiro de 2019.