Biólogos traballando o futuro. Experiencias dos nosos egresados

A Facultade de Bioloxía ofrece un ano máis ao alumnado de Grao e Máster, charlas sobre as experiencias dos nosos egresados que se atopan desempeñando a súa actividade profesional en diferentes ámbitos laborais da bioloxía. Nesta xornada deste curso académico participarán 4 titulados que falarán sobre o traballo na empresa, a experiencia no mundo docente de ensinanza na educación secundaria e a carreira investigadora. Ademáis haberá información sobre a preparación do BIR.