O Máster en Xenómica e Xenética aporta o coñecemento para o desenvolvemento de novos produtos biotecnolóxicos, novos fármacos, a mellora da saúde humana e animal, a conservación e manexo de plantas e animais, o control de parasitos e microorganismos, así como a comprensión dos fenómenos evolutivos do pasado e do presente de todos os organismos vivos.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 15 (10 presenciais)
  • Tipo de ensino: presencial e semipresencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación

Paloma Morán Martínez
+34 986 813 899
paloma@uvigo.es

Matrícula

Área de estudos de posgrao
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es