O Máster Interuniversitario en Biotecnoloxía Avanzada impártese nas universidades de Vigo e A Coruña. O máster proporciona ao estudantado unha formación avanzada en Biotecnoloxía, de carácter especializado e multidisciplinar. O obxectivo é dobre: por un lado, trátase de formar profesionais para a industria biotecnolóxica e/ou actualizar e mellorar os coñecementos dos profesionais xa adicados a esta actividade; por outra banda, fórmanse novos investigadores para incorporar en equipos de investigación de centros públicos e empresas.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 30 (15 na UVigo)
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 90 créditos ECTS

 

Coordinación

Diana Valverde Pérez
+34 986 811 953
dianaval@uvigo.es

Matrícula

Área de estudos de posgrao
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es