O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro. Foi constituído trala aprobación do Real Decreto 1679/2000, de 2 de outubro, polo cal se acordou a segregación da Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos. A creación do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia oficializouse trala aprobación do Decreto 237/2003 do 27 de marzo.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (que nos seus inicios foi nomeado como Delegación de Galicia do Colexio Oficial de Biólogos) abriu as súas portas no ano 1987. Na actualidade, conta con máis de 1.500 colexiadas/os.

 

Poderán colexiarse no Colexio Oficial de Biólogos:

  • Os ciudadáns españois ou estranxeiros que acrediten estar en posesión do título oficial de licenciados/as ou graduados/as en Bioloxía, ou ben algún outro título homologable a este, de acordo co establecido na Orde EDU/2158/2011, de 13 de xuño, pola que se homologan determinados títulos aos correspondentes do Catálogo de títulos universitarios oficiais.
  • Doutores que posúan no desglose do seu título, temas relacionados con áreas concretas da Bioloxía.
  • Os españois ou estranxeiros que acrediten estar en posesión dun título de carácter oficial expedido por unha universidade estranxeira, coa que as autoridades educativas teñan establecido un convenio de homologación nun título oficial de licenciado/a ou graduado/a en Bioloxía.