As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) constitúen unha materia de 6 ECTs, denominada Prácticas Externas, de carácter optativo, ofertada no segundo semestre do derradeiro curso do Grao en Bioloxía. Estas prácticas teñen coma obxecto facilitar a preparación do alumnado para o exercicio profesional a fin de mellorar a súa incorporación ao mundo laboral.

Para poder realizar prácticas externas, o alumnado debe ter superados polo menos o 50% dos créditos da titulación (120 ECTs) e a entidade receptora debe ter asinado un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo. O noso centro ten convenios cunhas 90 entidades públicas e privadas.

Os estudantes poden poñerse en contacto con outras entidades externas do seu interese e, tras a sinatura do convenio correspondente, adxudícaselles dita praza de prácticas (prácticas externas con candidato).

Para o desenvolvemento das prácticas aprobouse en Xunta de Facultade o Regulamento de Prácticas Externas da Facultade de Bioloxía, elaborado seguindo a normativa correspondente do MEC e da Universidade de Vigo, no que se regula toda a xestión relacionada co proceso de solicitude, adxudicación, realización e avaliación das prácticas.

Durante a realización das prácticas externas, o alumnado conta coa supervisión dun/a titor/a na entidade receptora (titor/a externo/a), que debe ser titulado/a superior, e un/a titor/a na facultade (titor/a académico/a), encargados de velar polo correcto desenvolvemento do proxecto formativo establecido ao comezo das prácticas e incluído no documento de formalización da práctica (documento D4).

A avaliación das prácticas inclúe a cualificación polo titor externo da actividade desenvolvida polo estudante (documento D5) e a cualificación que o titor académico fai da memoria de prácticas presentada polo estudante (documento D7).

Por outra banda, o estudantado tamén deberá opinar sobre as prácticas externas (documento D6).

Toda a información sobre as prácticas externas realizadas por cada estudante recóllese no certificado acreditativo correspondente (documento D8) que se incorpora ao seu expediente académico.

 

Prácticas externas curriculares 2019/2020

  • Oferta de prazas
  • Listaxe provisoria de asignación de prazas
  • Listaxe definitiva de asignación de prazas

 

Coordinación das prácticas

Manuel A. Pombal Diego

+34 986 812 390
pombal@uvigo.es