Plan de estudos
| Tipo de materia | Créditos a cursar | Créditos ofertados |
|---|---|---|
| Formación Básica | 60 | 60 |
| Obrigatorias | 126 | 126 |
| Optativas de mención | 24 | 72 |
| Optativas xerais | 18 | 24 |
| Traballo Fin de Grao | 12 | 12 |
| Total | 240 | 294 |
Estrutura e distribución temporal do programa formativo
Desenvolvemento do ensino
Sistemas de avaliación
Na memoria verifica vixente do Grao en Bioloxía, no apartado 5 “Planificación da ensino”, faise referencia aos sistemas de avaliación posibles que se aplican no título. En concreto, o texto indica o seguinte:
- A avaliación de competencias xerais e específicas, contidos e obxectivos que están íntimamente relacionadas coa adquisición de coñecementos serán avaliados en cada materia da titulación, así como no traballo fin de grao. O proceso implicará tanto unha avaliación continua a través do seguimento do traballo na aula, como unha avaliación global do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias e coñecementos. Estes sistemas de avaliación desenvolveranse de forma detallada na guía docente de cada materia en cada curso académico.
- A avaliación de competencias e obxectivos que non están intimamente relacionadas coa adquisición de coñecementos (por exemplo, coñecer e actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional, coñecendo e desenvolvendo os Dereitos Humanos, os principios democráticos, de igualdade entre mulleres e homes, de solidariedade, de protección ambiental, de accesibilidade universal e de fomento da cultura da paz) serán avaliadas nas diferentes actividades e manifestacións que o alumno faga durante o seu programa formativo, así como no desenvolvemento das Prácticas externas e no TFG.
En cada materia, o sistema de cualificación expresarase mediante cualificacións numéricas decimais de 0 a 10, de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro.
Procedementos do SGC relativos a este criterio
- DO-0101 - Deseño, verificación, modificación e acreditación das titulacións oficiais
- DO-0102 - Seguimento e mellora das titulacións
- DO-0103 - Suspensión e extinción dunha titulación
- DO-0201 - Planificación e desenvolvemento do ensino
- DO-0202 - Promoción das titulacións
- DO-0203 - Orientación ao estudantado
- DO-0204 - Xestión das prácticas académicas externas
- DO-0205 - Xestión da mobilidade
- MC-02 - Xestión de queixas, suxestións e parabéns
- MC-05 - Satisfacción das usuarias e usuarios
- PE-01 - Xestión do PTXAS
- PE-02 - Xestión do PDI
- AC-01 - Admisión, evolución e expedición de títulos oficiais
