As competencias asociadas ao plan de estudos do Grao en Bioloxía baséanse nos seguintes documentos:

  • Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. No Anexo I, apartado 3.2 do mesmo, defínense as competencias básicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos. Da mesma maneira, establécense cinco ramas de coñecemento ás que vincular as titulacións de grao, e as materias asociadas a ditas ramas.
  • Libro branco da ANECA do Título de Grao en Bioloxía.
  • Órdes ministeriais polas que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de biólogo.
  • Marco Español de Cualificaciones para a Educación Superior (MECES), que no seu Proxecto de Real Decreto especifica as cualificacións que os estudantes deben adquirir ao finalizar os seus estudios de grao (http://www.meces_encuentros.unican.es/).
  • Conferencia Española de Decanos de Bioloxía. Proxecto de homoxenización de competencias entre os Graos en Bioloxía que se imparten en España. Atópase nunha fase moi avanzada de execución e existe documentación relativa ás competencias específicas.
  • Proxecto Tuning – Educational structures in Europe. O proxecto Tuning, integrado por unhas 100 institucións representativas dos países da UE e do EEES, e coordinado en España pola Universidade de Deusto, nace no ano 2000 có obxectivo de adoptar un sistema de titulacións fácilmente recoñecibles e comparables e de establecer un sistema de créditos para contribuir ás liñas de acción fixadas en Bolonia. Concretamente o proxecto Tuning serve de plataforma para desenvolver puntos de referencia en térmos de resultados de aprendizaxe e competencias xenéricas e específicas de cada disciplina.
  • NIBLSE (Network for Integrating Bioinformatics into Life Sciences Education: (https://qubeshub.org/community/groups/niblse/core_competencies) .
  • Memoria verifica da titulación de Grao en Bioloxía da Universidade de Vigo, actualmente en vigor. A presente proposta supón unha modificación da memoria verifica xa acreditada da titulación de Grao en Bioloxía, implantado no curso 2009-10 e impartida de forma continuada desde esta dataa ata a actualidade. As competencias recollidas na presente proposta cíñense ás recollidas no documento inicial de Memoria Verifica, e introdúcense algúns cambios en función dos requerimentos do novo formulario sobre o que se redacta a proposta.

 

Según a clasificación utilizada polo Ministerio de Educación no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), e diferenciadas polo seu nivel de concreción, as competencias poden ser:

Son comúns a todas as titulacións de grao e veñen determinadas polo RD 861/2010 de 2 de xullo, Anexo I, apartado 3.2, polo RD 43/2015 de 2 de febreiro e polas que figuran no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES).

Competencia Básica 1 (CB1):
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

Competencia Básica 2 (CB2):
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Competencia Básica 3 (CB3):
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética

Competencia Básica 4 (CB4):
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

Competencia Básica 5 (CB5):
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía

As competencias xerais están adaptadas ao contexto específico de cada un dos títulos. Partindo da base de que o obxectivo principal do título é proporcionar unha formación de carácter xeral aos graduados en Bioloxía que lles capacite para exercer a profesión regulada de Biólogo, adoptáronse coma competencias xerais aquelas que son comúns a titulacións de Grao en Bioloxía e que fan referencia á adquisición das capacidades de organización, planificación, análise e síntese, có obxecto de respostar á súa proxección social coma profesionais da bioloxía.

Para identificar o perfil profesional do Graduado en Bioloxía contouse co ámbito do exercicio profesional e as competencias definidas no artigo 15 dos Estatutos do Colexio Oficial de Biólogos do Real Decreto 693/1996, de 26 de abril, que aparecen concretadas no “Libro Branco do Titulo de Grao en Bioloxía”.

Asimesmo, o Decreto 150/2008 de 3 de xullo, que aproba os estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, inclúe unha relación das funcións que poden desempeñar os biólogos. Por último, tiveronse en conta as derradeiras actualizacións de informes de inserción laboral que recollen enquisas a egresados da titulación.

Competencia Xeral 1 (CG1):
Desenvolver a aprendizaxe autónoma, identificando as súas propias necesidades formativas e organizando e planificando as tarefas e o tempo .

Competencia Xeral 2 (CG2):
Xestionar información científico-técnica de calidade utilizando fontes diversas. Analizar datos e documentos e interpretalos de forma crítica e rigorosa, incluíndo reflexións sobre a súa relevancia social e no ámbito profesional da Bioloxía

Competencia Xeral 3 (CG3):
Aplicar o coñecemento adquirido na titulación e empregar a instrumentación científico-técnica e as TIC en contextos propios da Bioloxía e/ou no exercicio da profesión

Competencia Xeral 4 (CG4):
Elaborar e redactar informes, documentos e proxectos relacionados coa Bioloxía. Proceder á súa presentación e debate no ámbito docente e especializado, poñendo de manifesto as competencias da titulación

Competencia Xeral 5 (CG5):
Desenvolver capacidades para a creatividade, a innovación e o emprendemento, en ámbitos académicos, de interese social e/ou en interacción co sector produtivo

Competencia Xeral 6 (CG6):
Desenvolver as capacidades de análises e sínteses, de razoamento crítico e argumentación, aplicándoas en contextos propios da Bioloxía e outras disciplinas científico-técnicas

Competencia Xeral 7 (CG7):
Perseguir obxectivos de calidade no desenvolvemento da súa actividade e incorporar á súa conduta os principios éticos que deben rexer no exercicio profesional da Bioloxía.

As competencias específicas son propias de cada título e están relacionadas co coñecemento concreto que se adquire co seu desenvolvemento formativo, proporcionándolle unha identidade propia, e se orientan á consecución dun perfil específico de egresado. Por iso, a listaxe de competencias que se cita a continuación está adaptada do Libro Branco de Bioloxía, circunscribíndose a aspectos formativos que se proxectan de forma lonxitudinal no título.

Competencia Específica 1 (CE1):
Resolver problemas aplicando o método científico, os conceptos e a terminoloxía específica da Bioloxía, os modelos matemáticos e as ferramentas estatísticas e informáticas.

Competencia Específica 2 (CE2):
Recoñecer os niveis de organización dos seres vivos mediante o estudo de especímenes actuais e fósiles. Realizar análise filogenéticos e interpretar os mecanismos da herdanza, a evolución e a biodiversidade.

Competencia Específica 3 (CE3):
Realizar e interpretar análises moleculares, físico-químicos e biolóxicos, incluíndo mostras de orixe humana. Realizar ensaios e probas funcionais en condicións normais e anómalas.

Competencia Específica 4 (CE4):
Illar, identificar e cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos, facilitando o seu estudo e a valoración da súa actividade metabólica.

Competencia Específica 5 (CE5):
Manipular e analizar o material xenético, determinar as súas alteracións e a súa implicación patolóxica. Coñecer as aplicacións da enxeñería xenética.

Competencia Específica 6 (CE6):
Comprender e integrar o funcionamento dos seres vivos (nivel celular, tisular, orgánico e individuo), interpretando as súas respostas homeostáticas e adaptativas.

Competencia Específica 7 (CE7):
Mostrear, caracterizar, catalogar e xestionar recursos naturais e biolóxicos (poboacións, comunidades e ecosistemas).

Competencia Específica 8 (CE8):
Describir, avaliar e planificar o medio físico, usar bioindicadores e identificar problemas ambientais. Achegar solucións para o control, seguimento e restauración dos ecosistemas.

Competencia Específica 9 (CE9):
Identificar recursos de orixe biolóxica e valorar a súa explotación eficiente e sostible para obter produtos de interese. Propoñer e implantar melloras nos sistemas produtivos.

Competencia Específica 10 (CE10):
Identificar procesos biolóxicos e biotecnolóxicos e a súa posible aplicabilidade, en particular nos ámbitos sanitario, agroalimentario e medioambiental.

Competencia Específica 11 (CE11):
Realizar e interpretar bioensaios, identificar axentes químicos e biolóxicos, incluíndo os patóxenos, así como os seus produtos tóxicos. Desenvolver e aplicar técnicas de control biolóxico.

Competencia Específica 12 (CE12):
Redactar informes e memorias técnicas, así como dirixir e executar proxectos en temas relacionados coa bioloxía e as súas aplicacións.

Competencia Específica 13 (CE13):
Impartir formación, participar en proxectos de I+D+i, comunicar resultados e divulgar coñecementos. Contribuír á proxección social da Bioloxía e á sensibilización polo medio ambiente.

Competencia Específica 14 (CE14):
Asesorar, peritar e supervisar aspectos científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados coa bioloxía e as súas aplicacións.

A nosa titulación de Grao en Bioloxía inclúe como competencias transversais as resultantes dos estudos levados a cabo polo Programa Tuning, as cales foron recollidas nos libros brancos de ANECA (Libro Branco de Bioloxía) e adoptadas pola maior parte das titulacións de grao xa implantadas. Pódense subdividir en:

  • Instrumentais: capacidades cognitivas, metodolóxicas, tecnolóxicas e lingüísticas
  • Persoais e interpersoais: capacidades individuais e habilidades sociais (interacción, cooperación, etc)
  • Sistémicas: capacidades e habilidades relacionadas con sistemas globais (combinación de comprensión, sensibilidade e coñecementos)

A titulación de Grao en Bioloxía inclúe como competencias transversais as tres establecidas pola UVIGO como competencias comúns a todos os estudantes da universidade, independentemente do título que cursen. Ademais, de acordo co Programa Tuning, posteriormente recollidas nos libros brancos de ANECA (Libro Blanco do Título de Bioloxía), inclúense dúas competencias que fan referencia, respectivamente, ás habilidades de comunicación (tipo instrumental) e á cooperación da persoa co seu ámbito social (tipo interpersoal).

Competencia Transversal 1 (CT1):
Comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Competencia Transversal 2 (CT2):
Comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.

Competencia Transversal 3 (CT3):
Comprometerse coa sustentabilidade e medio ambiente. Uso de forma equitativa, responsable e eficiente dos recursos.

Competencia Transversal 4 (CT4):
Colaborar e traballar en equipo ou en grupos multidisciplinares, fomentar a capacidade de negociación e de alcanzar acordos.

Competencia Transversal 5 (CT5):
Comunicar de maneira eficaz e adecuada, incluíndo o uso de ferramentas dixitais e o inglés.