Visitas á Facultade de Bioloxía
A Facultade de Bioloxía recibe cada ano multitude de visitas de centros de estudantes de educación secundaria e bacharelato que solicitan coñecer o centro en datas diferentes. Estas visitas están organizadas polo Servizo de Información ao Estudante (SIE) da Universidade de Vigo, o cal contacta cós centros e concerta a visita. Nestes casos a visita é máis curta, pero o estudantado recibe información sobre o centro e as súas titulacións e participan en demostracións que o profesorado realiza nos laboratorios sobre diferentes temáticas da Bioloxía.
Visitas a centros de Educación Secundaria
O equipo directivo da Facultade de Bioloxía ofrece a posibilidade de achegarse aos propios centros de educación secundaria para trasladar ao estudantado quenes somos e qué facemos, e presentar a nosa oferta de titulacións, fundamentalmente a do Grao en Bioloxía así como as súas saídas profesionais. Se desexan consultar máis información deben dirixirse ao SIE ou á dirección do propio centro.
Divulgación científica
Por último, a divulgación dos coñecementos científicos está na filosofía do noso centro. Neste sentido, a Facultade de Bioloxía tamén participa a través do SIE na divulgación de temas de actualidade de interese científico para aqueles centros que así o solicitan. Deste xeito o estudantado ten a posibilidade de coñecer e interaccionar con profesores da nosa facultade que participan de xeito desinteresado na impartición destas charlas. Para iso deben contactar có SIE ou directamente coa nosa dirección.