Estudantado da UVigo opina do grao: video 1 | video 2

O Grao en Bioloxía é unha titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Coa implantación deste novo plan de estudos preténdese mellorar o perfil profesional coa inclusión de mencións e o incremento da optatividade.

Así, proponse unha mellor definición na especialización dos graduados coa inclusión de tres itinerarios de materias optativas que conducen á obtención da respectiva mención.

O obxectivo principal do novo plan de estudos do Grao en Bioloxía segue a ser formar biólogos con capacidade para comprender o funcionamento e o comportamento dos seres vivos, a súa orixe e evolución, e a súa relación có medio que os rodea.

Consulta o triptico do título

Accesos directos