banner

Calendario de Implantación

O calendario de implantación foi proposto tendo en conta a normativa autonómica: “Liñas xerais para a implantación de estudos de grao e posgrado no SUG”, así como a disponibilidade de recursos humanos e materiais existentes na Facultade de Bioloxía. A extinción do plan de Licenciado en Bioloxía levouse a cabo de forma progresiva ano a ano, dispoñendo o alumno, unha vez extinguido cada curso, de 6 convocatorias a realizar nos 3 cursos académicos seguintes.

Ensinanzas que se extinguen: Título de Licenciado en Bioloxía, impartido pola Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

 Plan LicenciadoPlan Graduado
Ext. Lic.Imp. Gr.Imp. Mod. Gr.
1º Curso 2009-2010 2009-2010 -
2º Curso 2010-2011 2010-2011 -
3º Curso 2011-2012 2011-2012 -
4º Curso 2012-2013 2012-2013 -
5º Curso 2013-2014 - 2013-2014

Adaptación dos estudantes de estudos existentes ao novo Plan de Estudos

A Facultade de Bioloxía propón os seguintes mecanismos para incorporar a estudantes procedentes do plan de estudos da actual Licenciatura de Bioloxía:

Adaptacións por cursos completos:
Propónse que os alumnos que teñan superado os tres primeiros cursos da actual Licenciatura poidan incorporarse directamente ao 4º curso do novo grao.

Adaptacións por cursos incompletos:
Para as materias optativas, propónse convalidar ata 30 créditos de asignaturas optativas da actual Licenciatura por ata 30 créditos das materias optativas a criterio da Comisión de Docencia e Convalidacións.
Para as materias básicas e obrigatorias propóñense as seguintes adaptacións detalladas por materias, que serán revisadas e aprobadas, no seu caso, pola Comisión de Docencia e Convalidacións:

Asignatura superada plan licenciadoAsignatura recoñecida plan graduado
Botánica I Botánica I: Algas e Hongos
Botánica II Botánica II: Arquegoniadas
Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal I
Física dos procesos biolóxicos Física dos Procesos Biolóxicos
Matemáticas Matemáticas aplicadas á Bioloxía
Edafología Solo, Medio Acuático e Clima
Química Química aplicada á Bioloxía
Zooloxía Zooloxía I: Invertebrados no Artrópodos
Xeoloxía Xeoloxía
Bioquímica, Xenética e Microbioloxía I Técnicas Básicas de Laboratorio
Zooloxía, Botánica I e Botánica II Técnicas Básicas de Campo e Teledetección
Introducción á Antropoloxía Física Evolución
Bioestatística Bioestatística
Bioquímica Bioquímica I
Fisioloxía animal I Fisioloxía animal I
Microbioloxía I Microbioloxía I
Organografía Microscópica Animal Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal II
Parasitoloxía ou Introdución á Historia da Inmunoloxía Inmunoloxía e Parasitoloxía
Xenética Xeral Xenética I
Ampliación de Bioquímica Bioquímica II
Cordados Zooloxía II: Invertebrados Artrópodos e Cordados
Ecoloxía I Ecoloxía I
Ecoloxía II Ecoloxía II
Fisioloxía animal II Fisioloxía animal II
Fisioloxía vexetal Fisioloxía vexetal I
Microbioloxía II Microbioloxía II
Xenética de Poboacións e Evolutiva Xenética II
Fisioloxía Animal II e Fisioloxía Vexetal Técnicas Avanzadas en Bioloxía
Crecemento e Desenvolvemento de Plantas Fisioloxía Vexetal II