docencia

Plan de Internacionalización

A Facultade de Bioloxía comeza este ano o Plan de Internacionalización, de forma que varias materias do Grao en Bioloxía impartiranse íntegramente en inglés (por profesorado debidamente acreditado) no curso 2017-18. O inglés é considerado como a lingua da ciencia e o seu uso é casi xeneralizado en Bioloxía (revistas científicas, laboratorios, centros de investigación,…), polo que o seu coñecemento facilita o acceso ao mundo laboral.

Na nosa Facultade o nivel de inglés necesario para cursar as materias ofertadas é equivalente a B2, polo que a maioría dos estudantes que acceden ao Grao teñen dito nivel (bacharelato, formación propia), o que lles permitirá asistir e progresar adecuadamente nas materias que se impartan en inglés. Estas materias son as seguintes:

Materias impartidas en inglés - Curso 2017-2018

Materia Curso Cuadrimestre ECTS Grupos en PDA Departamento
Química aplicada á Bioloxía 1c 6 1A+1B+1C C12
Citoloxia e Histoloxía I 1c 6 1A+1B+1C C01
Zooloxía II 2c 6 1A+1B+1C C04
Xenética I 2c 6 1A+1B+1C C03
Xenética II 1c 6 1A+1B+1C C03

Nestas materias manteñense os grupos en galego/castelán, pero ademáis incorporase un novo grupo en inglés (toda a materia) no que participarán un máximo de 15-16 estudantes (en caso dunha demanda superior, empregarase un criterio de selección por expediente académico).

No calendario do curso 2017-2018 xa figuran os horarios das materias en inglés, moi similares ao do resto de materias.

Os alumnos que cursen materias en inglés o verán reflexado no Suplemento Europeo ao Título que acompaña ao expediente académico.