banner

Competencias

As competencias asociadas ao plan de estudos do Grao en Bioloxía baséanse nos seguintes documentos:

  • Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. No Anexo I, apartado 3.2 do mesmo, defínense as competencias básicas que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos. Da mesma maneira, establécense cinco ramas de coñecemento ás que vincular as titulacións de grao, e as materias asociadas a ditas ramas.
  • Libro branco da ANECA do Título de Grao en Bioloxía.
  • Órdes ministeriais polas que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de biólogo (NON EXISTEN).
  • Real Decreto 96/2014,  de 14 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo, polo que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), e o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. Especifica as cualificacións que os estudantes deben adquirir ao finalizar os seus estudos de grao.
  • Proxecto Tuning - Educational structures in Europe. O proxecto Tuning, integrado por unhas 100 institucións representativas dos países da UE e do EEES, e coordinado en España pola Universidade de Deusto, nace no ano 2000 có obxectivo de adoptar un sistema de titulacións fácilmente recoñecibles e comparables e de establecer un sistema de créditos para contribuir ás liñas de acción fixadas en Bolonia. Concretamente o proxecto Tuning serve de plataforma para desenvolver puntos de referencia en térmos de resultados de aprendizaxe e competencias xenéricas e específicas de cada disciplina.
  • Memoria Verifica da titulación de Grao en Bioloxía da Universidade de Vigo, actualmente en vigor. A presente proposta supón unha modificación da Memoria Verifica xa acreditada da titulación de Grao en Bioloxía, o cal se implantou no curso 2009-10 e que completa a oferta formativa do seu Plan de Estudos no curso 2012-13. As competencias recollidas na presente proposta cíñense ás recollidas no documento inicial de Memoria Verifica, e introdúcense algúns cambios en función dos requerimentos do novo formulario sobre o que se redacta a proposta.

Según a clasificación utilizada polo Ministerio de Educación no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), e diferenciadas poli seu nivel de concreción, as competencias poden ser:

Son comúns a todas as titulacións de grao e veñen determinadas polo RD861/2010, Anexo I, apartado 3.2.

Competencias Básicas
  Descrición
CB1 Que os estudantes haxan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se sole atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantes haxan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

As competencias xerais están adaptadas ao contexto específico de cada un dos títulos. Partindo da base de que o obxectivo principal do título é proporcionar unha formación de carácter xeral aos graduados en Bioloxía que lles capacite para exercer a profesión regulada de Biólogo, adoptáronse coma competencias xerais aquelas que son comúns a titulacións de Grao en Bioloxía e que fan referencia á adquisición das capacidades de organización, planificación, análise e síntese, có obxecto de respostar á súa proxección social coma profesionais da bioloxía.

Para identificar o perfil profesional do Graduado en Bioloxía contouse co ámbito do exercicio profesional e as competencias definidas no artigo 15 dos Estatutos do Colexio Oficial de Biólogos do Real Decreto 693/1996, de 26 de abril, que aparecen concretadas no “Libro Branco do Titulo de Grao en Bioloxía”.

Asimesmo, o Decreto 150/2008 de 3 de xullo, que aproba os estatutos do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, inclúe unha relación das funcións que poden desempeñar os biólogos. Por último, tiveronse en conta as derradeiras actualizacións de informes de inserción laboral que recollen enquisas a egresados da titulación.

 

A partir da análise desta información definíronse os seguintes ámbitos de traballo e figuras profesionais para o Biólogo:

 

Ámbitos de traballo:

Recursos Biolóxicos | Medio Ambiente | I+D+i | Formación-Docencia | Sanidade | Produción e Calidade | Comercial e Marketing

Figuras Profesionais e tarefas:

  • Profesional do medio ambiente nos ámbitos da planificación, xestión, conservación e restauración do territorio e de espazos naturais protexidos. Avaliación e xestión da contaminación e os residuos. Avaliación e xestión do impacto ambiental. Emisión de informes e realización de peritaxes. Planificación, xestión e conservación de recursos naturais.
  • Profesional do sector agropecuario no relativo ao cultivo, mellora, transformación, control, produción, conservación e explotación sostible de recursos biolóxicos nos sectores de acuicultura, agricultura, gandería, pesca e silvicultura.
  • Profesional da industria biotecnolóxica, farmacéutica, agroalimentaria, química, veterinaria, cosmética, entre outras; desenvolvendo tarefas de dirección, xestión e execución nas áreas técnicas de produción, de explotación racional e sostible, de medio ambiente e de xestión da calidade.
  • Profesional sanitario en laboratorio clínico, reprodución asistida, consello xenético, saúde pública, nutrición e dietética, toxicoloxía, sanidade animal e vexetal entre outros. En saúde pública exerce nos ámbitos clínico, agroalimentario e medioambiental, intervindo en todos os aspectos da análise de riscos (identificación, xestión e comunicación). En sanidade animal exerce en control de axentes biolóxicos patóxenos, tratamento de plagas e avaliación de riscos.
  • Profesional da investigación, desenvolvemento e innovación científica e tecnolóxica en todos os ámbitos das ciencias experimentais e da vida, desenvolvendo as súas tarefas en organismos, institutos e centros de investigación e en departamentos de investigación, desenvolemento e innovación de empresas.
  • Profesional da dirección, xestión e organización de empresas e centros calesqueira (formación, investigación,…) relacionados coa bioloxía.
  • Profesional docente en: ensinanza secundaria, formación profesional, universidade e outros tipos de ensinanza. Profesional da educación ambiental.
  • Profesional asesor legal científico-técnico de produtos e servizos relacionados coa bioloxía. Elaboración, implantación e mantemento de sistemas de xestión da calidade. Estudos e dictámes científicos e técnicos. Desenvolvemento e control en procesos de restauración no ámbito da bioloxía (obras de arte, pezas arqueolóxicas, …).
  • Profesional da información, a documentación e a divulgación relacionado coa bioloxía.
  • Profesional do comercio e marketing de produtos e servizos relacionados coa bioloxía en todos os ámbitos descritos nos apartados anteriores.
  • Profesional do sector do ocio, nos ámbitos de ecoturismo, planificación, cuidado, reprodución e conservación dos seres vivos en espazos e parques temáticos, zoolóxicos, acuarios, xardíns, museos, etc.

Polo tanto, as competencias xerais do título que se inclúen a continuación diríxense a capacitar ao graduado en Bioloxía para exercer a súa profesión dentro de ditos ámbitos de traballo e no marco dalgunha das figuras profesionais arriba indicadas.

Competencias Xerais
  Descrición
CG1 Capacidade de organización e planificación no ámbito laboral e de traballo, nun entorno multidisciplinar relacionado coa bioloxía e outros campos afíns.
CG2 Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraíndo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións.
CG3 Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico coma experimental, sen descartar unha maior especialización en materias orientadas a un ámbito profesional concreto.
CG4 Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados có coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral.
CG5 Coñecer os niveis de organización dos seres vivos tanto dende un punto de vista estructural (molecular, celular, orgánico) coma funcional, observando as súas relacións có medio e con outros organismos, así como as súas manifestacións ante situacións de alteración medioambiental.
CG6 Capacidade de aplicar os coñecementos de tipo biolóxico adquiridos na titulación nun entorno profesional, expoñendo e argumentando as ideas de maneira clara, fundamentándoas na formación básica e especializada adquirida.
CG7 Saber recopilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre os mesmos, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática.
CG8 Capacidade para elaborar de forma autónoma un informe ou proxecto relacionado có ámbito biolóxico, proceder á súa presentación e saber defendelo nun contexto profesional no que se poñan de manifesto as competencias adquiridas na titulación.
CG9 Motivación para levar a cabo accións emprendedoras e innovadoras fundamentadas na formación adquirida nas materias do título, na aprendizaxe de temas actuais (investigación e desenvolvemento, medio ambiente, biomediciña, bioprodución, etc.) e no contacto có tecido empresarial a través das prácticas externas.
CG10 Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamiento lóxico e riguroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións.
CG11 Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de maneira clara e precisa coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucions relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía.
CG12 Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en contornas laborais concretas, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquer contexto.

As competencias específicas son propias de cada título e están relacionadas có coñecemento concreto que se adquire co seu desenvolvemento formativo, proporcionándolle unha identidade propia, e se orientan á consecución dun perfil específico de egresado. Por iso, o listado de competencias que se cita a continuación está adaptado do Libro Branco de Bioloxía, circunscribíndose a aspectos formativos que se proxectan de forma lonxitudinal no título.

Competencias Específicas
  Descrición
CE1 Obter, manexar, conservar, describir e identificar especímes biolóxicos actuais e fósiles.
CE2 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Realizar análises filoxenéticos e identificar as evidencias da evolución.
CE3 Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxico, incluídas as de orixe humana, e as súas posibles anomalías.
CE4 Aillar, analizar e identificar biomoléculas, virus, células, tecidos e órganos.
CE5 Cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos.
CE6 Avaliar e interpretar actividades metabólicas.
CE7 Manipular e analizar o material xenético e levar a cabo asesoramento xenético.
CE8 Avaliar o funcionamento de sistemas fisiolóxicos interpretando parámetros vitais.
CE9 Analizar e interpretar o comportamento dos seres vivos.
CE10 Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio.
CE11 Mostrear, caracterizar, xestionar, conservar e restaurar poboacións, comunidades e ecosistemas.
CE12 Catalogar, cartografiar, avaliar, conservar, restaurar e xestionar recursos naturais e biolóxicos.
CE13 Avaliar los impactos ambientais. Diagnosticar e solucionar problemas medioambientais.
CE14 Realizar análise, control e depuración das augas.
CE15 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. Interpretar a paisaxe.
CE16 Cultivar, producir, transformar, mellorar e explotar recursos biolóxicos.
CE17 Identificar e obter produtos naturais de orixe biolóxica.
CE18 Producir, transformar, controlar e conservar produtos agroalimentarios.
CE19 Identificar, xestionar e comunicar riscos agroalimentarios e medioambientais.
CE20 Deseñar, aplicar e supervisar procesos biotecnolóxicos.
CE21 Realizar e interpretar bioensaios e diagnósticos biolóxicos.
CE22 Identificar, caracterizar e empregar bioindicadores.
CE23 Desenvolver, xestionar e aplicar técnicas de control biolóxico.
CE24 Deseñar modelos de procesos biolóxicos.
CE25 Obter información, desenvolver experimentos e interpretar os resultados.
CE26 Participar na dirección, redacción e execución de proxectos en bioloxía.
CE27 Desenvolver e implantar sistemas de xestión e de control de calidade de procesos relacionados coa bioloxía.
CE28 Impartir docencia e divulgar coñecementos relacionados coa bioloxía.
CE29 Asesorar e peritar sobre aspectos científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados coa bioloxía.
CE30 Supervisar e asesorar sobre todos os aspectos relacionados co benestar dos seres vivos.
CE31 Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica.
CE32 Capacidade para coñecer e manejar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos.
CE33 Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía.

A nosa titulación de Grao en Bioloxía inclúe como competencias transversais as resultantes dos estudos levados a cabo polo Programa Tuning, as cales foron recollidas nos libros brancos de ANECA (Libro Branco de Bioloxía) e adoptadas pola maior parte das titulacións de grao xa implantadas. Pódense subdividir en:

  • Instrumentais: capacidades cognitivas, metodolóxicas, tecnolóxicas e lingüísticas.
  • Persoais e interpersoais: capacidades individuais e habilidades sociais (interacción, cooperación, etc.).
  • Sistémicas: capacidades e habilidades relacionadas con sistemas globais (combinación de comprensión, sensibilidade e coñecementos).
Competencias Transversais
INSTRUMENTAIS
  Descrición
CT1 Obter, manexar, conservar, describir e identificar especímes biolóxicos actuais e fósiles.
CT2 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Realizar análises filoxenéticos e identificar as evidencias da evolución.
CT3 Identificar, analizar e caracterizar mostras de orixe biolóxico, incluidas as de orixe humano, e as súas posibles anomalías.
CT4 Aillar, analizar e identificar biomoléculas, virus, células, tecidos e órganos.
CT5 Cultivar microorganismos, células, tecidos e órganos.
CT6 Avaliar e interpretar actividades metabólicas.
CT7 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
CT8 Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma.
CT9 Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar.
PERSOAIS e INTERPERSOAIS
CT10 Desenvolver o razoamento crítico.
CT11 Adquirir un compromiso ético coa sociedade e a profesión.
CT12 Comportarse con respeto á diversidade e a multiculturalidade.
CT13 Sensibilización polos temas medioambientais.
CT14 Adquirir habilidades nas relacións interpersoais.
SISTÉMICAS
CT15 Desenvolver a creatividade, la iniciativa e o espírito emprendedor.
CT16 Asumir un compromiso coa calidade.
CT10 Desenvolver a capacidade de autocrítica.
CT10 Desenvolver a capacidade de negociación.