banner

Seguimento de Títulos

Dacordo co Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro de 2007, que aproba o ordenamento das ensinanzas universitarias oficiais, unha vez verificados, os títulos serán sometidos a un proceso de seguimento ata o momento da renovación da súa acreditación. A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia será a encargada de sistematizar o protocolo para o seu seguimento, atendendo ao disposto no RD 1393/2007, modificado polo RD 861/2010. Para iso ACSUG elaborou a Guía para o seguimento dos títulos oficiais de grao e mestrado (01/12/2016). A continuación detallase a información máis relevante sobre o seguimento das titulacións impartidas no centro.