Inicio

Centro certificado Fides-Audit

Novo Grao en Bioloxía

No curso 2021/2022 arrancou cun plano de estudos renovado, máis especializado e coa posibilidade de graduarse con mención.

 

Validacións no SUG

Táboas de recoñecementos directos entre as materias de Formación Básica e materias Obrigatorias das titulacións de Grao en Bioloxía nas universidades do Sistema Universitario de Galicia

 

Grao en Bioloxía

Grao en Bioloxía

O Grao en Bioloxía é unha titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), que da continuidade aos anteriores estudos de Licenciatura que formaron parte da Facultade de Bioloxía dende a súa creación. Polo tanto, ao igual que na Licenciatura, o obxectivo principal do Grao en Bioloxía é formar biólogos con capacidade para comprender o funcionamento e o comportamento dos seres vivos, a súa orixe e evolución, e a súa relación co medio que os rodea.

Ademais da formación básica que calquera biólogo debe posuír, o novo Grao en Bioloxía inclúe a posibilidade de graduarse co mención. Neste senso existen tres itinerarios con orientacións específicas nas que se adquiren competencias para a aplicación dos coñecementos biolóxicos aos campos: i) sanidade, bioloxía sanitaria e analítica clínica (mención: Bioloxía Aplicada á Saúde); ii) biotecnoloxía, control de calidade, innovación tecnolóxica, bioinformática, tecnoloxías xenéticas e moleculres (mención: Bioloxía Aplicada á Produción) e iii) biodiversidade, avaliación do impacto ambiental, contaminación (mención: Biología aplicada ao Medio Ambiente).

Tamén existe a posibilidade de graduarse sen mención.

Máis información