banner

Planificación Académica

Plan de estudos

Tipo de materia/asignaturaCréditos a cursarCréditos ofertados
Formación Básica 60 60
Obrigatorias 126 126
Optativas 36 72
Traballo Fin de Grao 18 18
Total 240 276

Estrutura e distribución temporal do programa formativo

Información sobre as materias

1º Curso | 2º Curso | 3º Curso | 4º Curso e TFG


Desenvolvemento da ensinanza

Coordinador do Grao D. Jesús M. Míguez Miramontes
Coordinadores de curso 1º Curso Dª María Fuencisla Mariño Callejo
2º Curso Dª Aida García Molares
3º Curso D. Humberto Quesada Rodríguez
4º Curso Dª Almudena fernández Briera (Materias Optativas)
D. Jesús M. Míguez Miramontes (Traballo Fin de Grao)
Dª Vicenta Soledad Martínez Zorzano (Prácticas Externas)

Na Memoria Verifica vixente do Grao en Bioloxía, apartado 5 Planificación da ensinanza, faise referencia aos sistemas de avaliación posibles que se aplican no título. En concreto, o texto indica o seguinte:

  • A avaliación que fai referencia ás competencias, contidos e obxectivos que están íntimamente relacionadas coa adquisición de coñecementos serán avaliadas en cada materia da maneira na que se recolle na guía docente. Inclúense os seguintes sistemas de avaliación posibles, se ben en función das características de cada materia o profesorado elexirá os máis axeitados:
    • Probas de avaliación escritas ou orais relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos
    • Avaliación de coñecementos prácticos a través de exames, informes, memorias, resolución de problemas e/ou exercicios
    • Avaliación de actividades desenvoltas en seminarios
    • Realización e presentación de traballos e proxectos
    As prácticas externas avaliaránse segundo os seguintes criterios:
    • Memoria presentada polo alumno (avaliada polo titor académico)
    • Actividade levada a cabo polo alumno na institución externa (avaliada polo titor externo)
  • A avaliación de competencias e obxectivos que non están íntimamente relacionadas coa adquisición de coñecementos, como por exemplo: coñecer e actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional, coñecendo e desenvolvendo os dereitos humanos, os principios democráticos, de igualdade entre mulleres e homes, de solidariedade, de proteción medioambiental, de accesibilidade universal e de fomento da cultura da paz, serán avaliadas nas diferentes actividades e manifestacións que o alumno faga durante o seu programa formativo, así como no desenvolvemento das prácticas externas e no Traballo Fin de Grao.

Como xa se indica previamente, en función das características de cada materia o profesor elixe os sistema de avaliación que considera máis axeitados, os cales se inclúen nas guías docentes das diferentes materias.