A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de representación e de decisión da Facultade. Está composta polo Decano ou Decana, que a preside, e polo seguinte conxunto de membros adscritos (natos e electos), de acordo co artigo 38.1 dos Estatutos da Universidade de Vigo e da normativa para elección de representantes:
- Todo o PDI con vinculación permanente á Universidade (PDI-A) e docencia maioritaria no centro, que constitue o 51 % da Xunta de Facultade.
- Unha representación do PDI sen vinculación permanente á Universidade (PDI-B), que corresponde co 10 % da Xunta de Facultade. Deles, polo menos o 80 % corresponde co PDI-B con dedicación a tempo completo.
- Unha representación do estudantado, que constitue o 29 % da Xunta de Facultade.
- Unha representación do PTXAS, que constitue o 10 % da Xunta de Facultade.
Os membros electos da Xunta de Facultade son renovados cada dous anos en conformidade co disposto no artigo 57.4 do Regulamento Electoral Xeral da Universidade de Vigo.