As comisións delegadas realizan tarefas de estudo e asesoramento sobre temas concretos a proposta da Xunta de Facultade, podendo propoñer solucións aos mesmos e/ou adotar as resolucións pertinentes. Todas as comisións son actualizadas e ratificadas en Xunta de Facultade.
As Comisións delegadas da Facultade de Bioloxía son as seguintes:
1. Comisión Permanente
Composición
| Nome | Cargo |
|---|---|
| Mercedes Gallardo Medina (Decana) | Presidenta |
| Emilio Gil Martín (Secretario da facultade) | Secretario |
| Carmen Sieiro Vázquez (Dpto. C01) | Representante PDI funcionario |
| Castor Muñoz Sobrino (Dpto. C02) | Representante PDI funcionario |
| Diana Valverde Pérez (Dpto. C03) | Representante PDI funcionario |
| Esther Barreal Modroño | Representante PDI contratado |
| Montserrat Pestaña Nieto | Representante PTXAS |
| Noa Barona Posse | Representante do alumnado |
| Martín Bar Vieito | Representante do alumnado |
Competencias
Son competencias da Comisión Permanente
- Estudar, asesorar e propoñer solucións en todos aqueles asuntos que o Decano ou a Xunta de Facultade someta á súa consideración.
- Decidir sobre asuntos de trámite ou aqueles outros que a Xunta de Facultade delegue nela. Cando algún membro da comisión considere que un asunto non é de trámite, éste deberá ser obrigatoriamente tratado na Xunta de Facultade.
2. Comisión de Validacións e Recoñecementos
Composición
| Nome | Cargo |
|---|---|
| Emilio Gil Martín | Presidente |
| Luis González Rodríguez | Representante PDI |
| Angel Pérez Diz | Representante PDI |
| Carmen Sieiro Vázquez | Representante PDI |
| Eduardo Gallardo Ortega | Representante PTXAS |
| Sara Isabel Fernández Pazos | Representante do alumnado |
| Iria Guerra Garrido | Representante do alumnado |
Funcións
Son funcións da Comisión de Validacións e Recoñecementos as que a continuación se indican:
- Resolver as solicitudes de admisión aos estudos de grao adscritos á Facultade e proceder á valoración e recoñecemento das materias cursadas noutras titulacións, centros ou universidades, conforme á normativa específica vixente na Universidade de Vigo.
- Valorar e aprobar as solicitudes de dedicación a tempo parcial do estudantado.
- Validar as prácticas académicas externas (extracurriculares) realizadas polo alumnado.
- Asesorar e ofrecer propostas de resolución de asuntos relativos á actividade docente a petición da Xunta de Facultade ou do equipo decanal.
3. Comisión de Calidade
4. Comisión de Traballo Fin de Grao
Composición
| Nome | Cargo |
|---|---|
| Mercedes Gallardo Medina (Decana) | Coordinador da Comisión |
| Jesús M. Míguez Miramontes (Vicedecano) | Secretario |
| Luis González Rodríguez | Representante PDI |
| Manuel Megías Pacheco | Representante PDI |
| Fuencisla Mariño Callejo | Representante PDI |
| Alejandro de Carlos Villamarín | Representante PDI |
| Sergio Eibe Varela | Representante do alumnado |
| Noa Barona Posse | Representante do alumnado |
Funcións
Son funcións da Comisión de Traballo Fin de Grao:
- Xestionar todo o proceso relativo aos TFG.
- Asegurar a aplicación da normativa interna da Facultade de Bioloxía para o TFG, así como a adecuación de calquera procedemento que derive do desenvolvemento do mesmo, ao Regulamento xeral de Traballos de Fin de Grao da Universidade de Vigo.
5. Comisión de Actividades Extraacadémicas e Culturais
Composición
| Nome | Cargo |
|---|---|
| Manuel Ángel Pombal Diego | Presidente/a |
| Emma Fernández Covelo | Representante PDI |
| Castor Muñoz Sobrino | Representante PDI |
| Montserrat Pestaña Nieto | Representante PTXAS |
| Sara Fariña Fernández | Representante do alumnado |
| Alexia Fabello Docabo | Representante do alumnado |
Funcións
Son funcións da Comisión de Actividades Extraacadémicas e Culturais:
- Coordinar e potenciar todo tipo de actividades relacionadas coa cultura e o lecer destinadas ao disfrute do colectivo universitario e da sociedade.
- Coordinar a xestión do orzamento asignado a estas actividades ou as partidas que se obteñan para fins acordes ás competencias desta comisión.
6. Outras comisións
Realizan funcións concretas de ámbito académico e están reguladas por normativas universitarias específicas para a función que deben realizar.
Comisión de Compensación de Grao
| Nome | Cargo |
|---|---|
| Mercedes Gallardo Medina (Decana) | Presidenta |
| Manuel Ángel Pombal Diego | Representante do PDI – Titular 1 |
| Isabel Pardo Gamundi | Representante do PDI – Titular 2 |
| Castor Muñoz Sobrino | Representante do PDI – Titular 3 |
| Jesús M. Míguez Miramontes | Representante do PDI – Suplente 1 |
| Josefa Garrido González | Representante do PDI – Suplente 2 |
| José Faro Rivas | Representante do PDI – Suplente 3 |
| Astrid Elisabeth Cegarra Cayetano | Representante de Alumnos – Titular |
| Martín Bar Vieito | Representante de Alumnos – Suplente 1 |
Son funcións desta comisión:
- Levar a cabo o proceso de avaliación por compensación do estudantado do Grao en Bioloxía, seguindo as instrucións dictadas para este proceso polo Vicerreitorado de Estudantes.