Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Durante estas visitas, e ao longo de toda unha mañá, o futuro estudantado entra en estreito contacto coas actividades que se desenvolven na facultade. Primeiramente o estudantado é recibido polo equipo decanal, o cal lles fai unha breve presentación sobre como é o noso centro, a nosa filosofía e as características que nos fan diferentes. Así mesmo infórmalles sobre as titulacións que se imparten, facendo especial fincapé no Grao en Bioloxía e as súas saídas profesionais.

Seguidamente, o estudantado participa nunha visita guiada ás instalacións do centro na que poderán interaccionar con diferentes materiais de orixe biolóxica e realizar, tras breves charlas introductorias por distintos profesores do centro, pequenos experimentos nos laboratorios.

Durante a súa estadía na facultade, o estudantado terá a oportunidade de coñecer máis a fondo como é o Grao en Bioloxía e resolver posibles dúbidas sobre a súa orientación cara a esta disciplina.