O vestíbulo principal do edificio de Ciencias Experimentais, sede das facultades de Bioloxía, Ciencias do Mar e Química, estrea este curso un mural inspirado na biodiversidade das costas da ría de Vigo. A intervención forma parte dunha iniciativa impulsada polas facultades de Bioloxía e Ciencias do Mar para humanizar a entrada do edificio e crear un espazo de encontro para o estudantado, ao tempo que se reforza a identidade compartida dos dous centros.
A idea xurdiu cando Elsa Vázquez, naquel intre decana de Ciencias do Mar, e Mercedes Gallardo, decana de Bioloxía, buscaron unha fórmula para transformar unha zona do vestíbulo na que anteriormente estaban as caixas de correo. O obxectivo era habilitar un lugar acolledor para a comunidade universitaria e para as persoas alleas que acoden ao salón de actos do edificio, empregado tanto para actividades internas como para eventos abertos á cidadanía.


Master in Aquaculture
Master in Marine Biology
Master in Advanced Biotechnology
Master in Neuroscience
Master in Terrestrial Biodiversity
Master in Genomics and Genetics
Master in Teaching Training