Inicio
Avisos
Actualidade
Grao en Bioloxía
O Grao en Bioloxía é unha titulación adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), que da continuidade aos anteriores estudos de Licenciatura que formaron parte da Facultade de Bioloxía dende a súa creación. Polo tanto, ao igual que na Licenciatura, o obxectivo principal do Grao en Bioloxía é formar biólogos con capacidade para comprender o funcionamento e o comportamento dos seres vivos, a súa orixe e evolución, e a súa relación co medio que os rodea.
Ademais da formación básica que calquera biólogo debe posuír, o Grao en Bioloxía inclúe un módulo profesionalizante con orientacións específicas nas que se adquiren competencias para a aplicación dos coñecementos biolóxicos aos campos de sanidade, industria e sistemas produtivos, novas tecnoloxías e medio ambiente.